luns, 5 de outubro de 2026

Un curso máis... judo!

 Comezamos un novo curso cunha actividade tradicional no cole como é a visita dun club deportivo con gran arraigo no noso barrio como é o Judo Club Coruña.

A pasada semana visitáronnos Bernardo Romay, alma máter deste club, e Ríos, un dos mestres que imparten clases a nenos/as de todas as idades. Todo o alumnado de Primaria puido desfrutar dunha sesión na que, a través de diversos xogos e actividades, descubriron este deporte. Esta actividade forma parte da proposta "Coñece o meu Club" incluída dentro do noso Plan de Vida Activa e Deportiva. O seu obxectivo e promover a prática deportiva dos vosos fillos/as fóra do horario escolar achegando as propostas de clubs deportivos da nosa contorna.

Deixamos un vídeo con imaxes e momentos destas xornadas.

Judo Club Coruña 2627

venres, 2 de outubro de 2026

Merenda Aventuras

    Un curso máis damos comezo ás nosas merendas saudables dando continuidade a unha actividade que forma parte do Plan de Vida Activa e Hábitos Saudables do centro. Con este proxecto buscamos fomentar hábitos de alimentación saudable no momento das merendas da mañá ademáis de reducir a xeración de envoltorios plásticos e envases optando por alimentos máis naturais e evitando a opción de alimentos procesados.

    Este curso, desde a área de EF, unímonos ó proxecto impulsado polo Equipo de Biblioteca que terá como eixo a Infancia falando de todo o que  rodea a esta etapa das nosas vidas e como se recolle na literatura infantil atual e clásica. 

    En que consiste Merenda Aventuras?

    A partir do luns 5 de outubro comezamos o noso calendario de merendas saudables que será o seguinte:


    Pódese acompañar "a merenda que toque" con outras opcións saudables. Por exemplo, se o luns queredes engadir algo máis cos lácteos podedes incluir tamén paiños de pan, bolachas tipo "mariñeiras", froita, froitos secos (precaución coas alerxias no seu grupo)... é dicir calquera opción que sexa saudable. Recordade, ademais, que a froita é "comodín" e pode traerse calquera día. 

    Cada día, antes de saír ó recreo, o titor/a ou os propios nenos/as comproban se a maioría do grupo cumpre coa merenda saudable (permítense entre 4 e 6 fallos en función do número de alumnos/as da clase). Se é así marcan un tic no día correspondenete e, se ó final da semana consiguen 3 ou máis tics, avanzan no seu mapa para descubrir diversas sorpresas e ademais gañar cromos e recompensas colectivas para o grupo: 15 minutos máis de recreo, día libre de EF, día libre na biblio...

    Deixámosovos unha pequena presentación do material que empregaremos nas merendas deste curso para que vos fagades unha idea máis clara do funcionamento da actividade.


Merenda Aventuras blogEF

luns, 6 de xullo de 2026

Remata do II Torneo de Salto de Corda

  Esta semana rematou o II Torneo de Salto de Comba do Anxo no que tomaron parte arredor de 60 nenos/as de 3º a 6º de Primaria repartidos en 5 equipos para o torneo de 2º ciclo e 6 para o torneo de 3º ciclo. Foron máis de 2 meses de competición durante os recreos nas que o traballo en equipo resultou fundamental para conseguir superar ós adversarios. Finalmente resultaron gañadores os equipos de Los Ballena no torneo do máis pequenos e Los Grillos no campionato dos maiores do cole. Deixamos os podiums cos 3 primeiros clasificados en cada categoría.

venres, 26 de xuño de 2026

Sen perder o rumbo

 O pasado mércores 17 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha carreira de orientación no Parque de Eirís. Nesta actividade o alumnado organizado en parellas tivo que buscar, axudado dos seus mapas correspondentes, as balizas ubicadas en distintas zonas do parque. Con maior ou menor axuda, todos os nenos/as foron capaces de localizar todas as balizas e completar o percorrido. Esta actividade puido levarse a cabo grazas á colaboración de Julio, Sara, Mónica. Elisabeth e Juan Carlos nais, irmán e pais que  se ofreceron para axudar na actividade. A súa labor delimitando o percorrido e aconsellando ós nenos/as durante a actividade resultou fundamental para que todo se desenvolvese segundo o previsto. .   Deixamos fotos da xornada que esperamos que vos gusten.

xoves, 4 de xuño de 2026

Peregrinos por un día

 O pasado luns 18 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazaouse ata Melide para completar un tramo do Camiño Francés que une esta localidade con Ribadiso. A climatoloxía foi perfecta para esta actividade ó longo da mañá e puidemos completar a etapa de algo máis de 10 km no tempo do previsto chegando á área fluvial de Riabdiso ás 14:00. Alí realizamos o xantar e posteriormente nos desprazamos a Santiago de Compostela para visitar os arredores da catedral e dispor de algo de tempo libre. 

Premendo na imaxe podedes acceder a un vídeo que resume esta xornada de actividade física e convivencia.



sábado, 30 de maio de 2026

Comezo do II Torneo de Salto de Comba

 A principios de maio deu comezo o II Torneo Salto de Comba do Anxo que xa se atopa na súa recta final. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 5 roldas de salto de 1 minuto onde a coordinación entre os membros de grupo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes dalgúns dos enforntamentos.

II Torneo Salto de Comba

martes, 19 de maio de 2026

Os nosos Patios Dinámicos

Un curso máis volve o Anxogamos, unha proposta que busque ofrecer posibilidades de ocio para todo a alumnado durante o tempo de recreo. Desta vez decidimos introducir pequenos cambios na nosa forma de organizalo e extender esta actividade tamén á primeira quenda de recreo. Así os luns e mércores, no caso do 1º ciclo e Infantil, e martes e venres, no caso de 2º e 3º ciclo, os nenos/as poden escoller entre os distintos xogos ofertados (que varían cada 2 semanas) coordinados por un dos mestres/as participantes no proxecto. Deixamos a continuación tanto os carteis que resumen o funcioamento desta actividade como un pequeno vídeo con imaxes dos primeiros xogos propostos.


Funcionamento de Anxogamos
Anxogamos 2526