luns, 18 de abril de 2022

Coñecemos o rugby

O mércores 6 e xoves 7 de abril recibimos a visita no colexio de dúas xogadoras, Estela e Alejandra, do equipo feminino de rugby CRAT Coruña. Grazas a elas e a través de distintos xogos e actividades o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria puido coñecer máis de preto este deporte, as súas regras básicas e os valores quue transmite. Estas xornadas forman parte da actividade "Coñece o meu club" coa que pretendemos que os vosos fillos/sa coñezan distintas modalidades deportivas e posibilidades coas que poidan ocupar de forma activa o seu tempo de lecer. Deixamos a continuación algunhas fotos destes días.
Rugby 2022

mércores, 6 de abril de 2022

Día Mundial da Actividade Física

 Hoxe, mércores 6 de abril, celebramos o Día Mundial da Actividade Física. Para conmemorar esta data moitos de vós ó longo dos últimos días enviachedes diversas fotos en familia practicando algún tipo de actividade física ou deporte: andainas, fútbol, tiro con arco, boxeo, ciclismo... Aquí tedes unha presentación onde podemos ver unha boa representación do Anxo manténdose activos tamén fóra do cole.

Esperamos que vos guste!

Día Mundial da Actividade Física

martes, 5 de abril de 2022

PaseArte: grazas ás familias participantes

 Durante os mes de marzo propuxemos a actividade en familia "PaseArte" e algúns de vos animástesvos a pensar e planificiar as vosas rutas, realizando varias obras de arte con diversa temática. Aquí deixamos unha breve presentación cops resultados obtidos.

Coma sempre, moitísimas grazas ás familias participantes!!


PaseArte