luns, 14 de setembro de 2020

Plan Proxecta

 Nesta lapela aparecerán todas as entradas con información relativa a actividades creadas dentro do Plan Proxecta.

Benvidos ao curso 2020-2021!

Desde a área de Educación Física queremos darvos a benvida a este novo curso que sen dúbida será distinto a tódolos demais. O noso obxectivo é tentar que os vosos fillos e fillas poidan desfrutar ao máximo as sesións de EF para o que resultará fundamental o cumprimento dunha serie de normas de seguridade e organización. Todas estas normas están recollidas no Plan de Adaptación COVID elaborado polo centro e que está dispoñible para a súa consulta na páxina web do colexio. Aquí deixamos unha pequena infografía (seguindo o modelo creado pola mestra de EF @natalialogrono) a modo de resumo cos aspectos máis importantes a ter en conta.
En principio, como se indica neste resumo, todos os nenos e nenas deben traer a bolsa de aseo ao igual que facían o curso pasado. Tendo o conta o protocolo para o uso dos aseos (3 nenos como máximo ao mesmo tempo), a modificación da última sesión do horario e o número de alumnos en cada grupo, este aseo non sempre se poderá realizar ao remate das sesións. Priorizaremos as normas establecidas no protocolo e o aproveitamento do tempo de práctica. 
Destacamos que ademais da bolsa de aseo propia de EF o alumnado terá que ter consigo tamén a funda da máscara e botella de auga solicitada nas normas xerais do colexio.


Normas e funcionamiento EF de Gerar Parrado