martes, 9 de decembro de 2025

Moitas grazas, familias!

 O pasado 27 de novembro celebramos a nosa sétima edición da carreira Kilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que,como noutras edicións, serviu para recadar fondos que permitan axudar a nenos/as de países que sobreviven en condicións moi desfavorables por motivos de conflitos bélicos, fenómenos naturais...

En canto á carreira, tras o primeiro adiamento por mor da choiva, puidemos desfrutar dunha mañá sen excesivo frío e amenizada por moitas familas presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Ademais un ano máis e xa van sete, o compromiso dos patrocinadores foi espectacular como así reflicte a cantidade que entre todos e todas recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira e tamén un enlace ao documento PDF co recibí que nos enviou a ONG "Save the Children" no que se recolle o ingreso da recadación realizado polo colexio a semana pasada.


Carreira Solidaria 2526

xoves, 4 de decembro de 2025

Obradoiros de receitas saudables

 Durante este curso, como parte do Proxecto Nutriescolas, realizaremos diversos obradoiros de receitas, enfocados principalmente a que o noso alumnado poida coñecer opcións saudables para as súas merendas sen ter que recurrir a produtos utraprocesados que, a miúdo, conteñen elevadas cantidades de azucre ou aditivos perxudiciais para a nosa saúde. Duarnte as últimas semanas os nenos de Infantil puideron elaborar así bolachas de avena e plátano e pan de plátano con chocolate 85% de cacao das que deron boa proba. Aquí tedes algunhas fotos do proceso.