luns, 11 de novembro de 2019

Carreira "Kilómetros de Solidariedade"

O próximo mércores 20 de novembro coincidindo coa conmemoración do Día Universal do Neno os alumnos/as do Anxo participarán por primeira vez na Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos coa axuda de Protección Civil no Parque de Eirís. Nesta edición os fondos recadados polos colexios participantes de toda España irán destinados a mellorar as "infrahumanas condicións de vida" dos  máis de 6.000 nenos e nenas da etnia Rohingya que viven hacinados en campos de refuxiados ao norte de Myanmar (antigua Birmania). Neste enlace podes consultar máis información sobre a súa situación e sobre como intentaremos aportar un pequeno grao de area para axudalos:


Ao ser a primeira vez que realizamos esta actividade consideramos importante explicar detalladamente o funcionamento da carreira xa que vos (pais, nais, avós, avoas, tíos, tías...) sodes unha parte importante da mesma.

Como funciona a carreira?
  1. Busca de “patrocinadores”.
Ao longo destes días os vosos fillos levarán a casa un carnet de corredor para conseguir “patrocinador” ou “patrocinadores” entre a súa familia ou amigos adultos. O patrocinador escribe o seu nome no carnet e a cantidade de euros ou céntimos de euro que se compromete a aportar por cada volta dada ao percorrido. Una vez cumplimentado o carnet levarase de novo ao cole xa que é necesario para o día da carreira.
  1. Celebración da carreira.
O mércores 20 de novembro ás 11:30 todo o cole desplazarase ao Parque de Eirís e alí celebraremos a carreira. Só participarán os alumnos/as de Educación Primaria, pero os nenos/as de Educación Infantil estarán presentes para animar e apoiar aos “maiores”. Nos organizaremos por turnos e en cada turno participará cada unha das clases, correndo ou camiñando en función das posibilidades de cada neno durante 2 minutos aproximadamente.
Deste xeito calculade que o máximo número de voltas que pode dar o voso fillo/a sexa de 2-3 no caso dos máis pequenos ou 4-6 no caso dos maiores. En función disto podedes decidir a pequena cantidade que queredes aportar.
Trala carreira os mestres anotaremos as voltas que fixo cada neno/a no seu carnet de corredor e entregarémosllo para que o leven a casa. Tamén recibirán un diploma que acredita a súa participación na carreira.
  1. Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
Os nenos/as levarán o carnet a súa casa e solicitará o diñeiro “pactado” previamente. Así, se por exemplo o avó prometera 0,50 céntimos por volta e a su neta realizou 2 voltas terá que entregar 1 euro. O diñeiro se traerá nun sobre pechado ao colexio.

MOI IMPORTANTE: POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN O DIÑEIRO SÓ SE PODRÁ TRAER AO COLEXIO ENTRE O 25 E O 29 DE NOVEMBRO(AMBOS INCLUSIVE). ANTES E DESPOIS DESA DATA OS MESTRES NON RECOLLERÁN NINGÚN SOBRE CON DIÑEIRO.

Aquí faremos a recadación e farémola chegar a “Save the Children” que á súa vez enviará un diploma ao centro que o acredite como participante no proxecto “Kilómetros de Solidariedade”.

Se queredes consultar máis cousas sobre este proxecto solidario podedes acceder a este enlace:

Agradecemos de antemán a vosa colaboración por pequena que poida parecer e recordade que cun pequeno “grao de area” entre todos podemos axudar aos que máis o necesitan.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario