Moitas grazas a todos e todas polas vosas aportacións feitas trala visita á nosa Feira das Letras Galegas. Con elas fixemos esta montaxe para que poidades ver as ideas aportadas por tódolos compañeiros e compañeiras. En primeiro lugar aparecen as vosas "fichas" e fotos con información sobre xogos populares. A continuación o resultado da elaboración dos vosos xoguetes tradicionais. En terceiro lugar fotos e vídeos coa creación dos vosos instrumentos. Continúa o vídeo con obras de artesanía tradicional de tódolos tipos e para tódolos gustos . E para rematar recomendámosvos que non deixedes de ver a muiñeira colectiva creada gracias á participación de varios de vós.
Se vedes que hai algún erro ou falta algunha das vosas aportacións podedes indicalo deixando un comentario nesta entrada ou enviando un correo a edufanxo@gmail.com ACTUALIZACIÓN DO VÍDEO: tralos correos recibidos actualizamos o vídeo incluíndo (na parte de xogos, xoguetes e muiñeira) a algúns de vós que por despiste e "problemas técnicos" non aparecíades antes. Ademais agora podedes escoitar o son dos instrumentos que creachedes. Desculpade as molestias e agora si que penso que estamos todos e todas.
Ola! Si, é verdade. Nalgúns dos vídeos que chegaron escoitábase o son dos instrumentos moi baixiño, así que optei por deixar a música de fondo. As miñas desculpas. Un saúdo!
Ola!!!
ResponderEliminarQué ben quedou o vídeo!
Unha aperta
Ola!!
EliminarMoitas grazas. E noraboa pola vosa parte da muiñeira. Quedou xenial! Un saúdo!
Coa música de fondo non se oíu como soaban os instrumentos de Crea o teu instrumento
ResponderEliminarOla!
EliminarSi, é verdade. Nalgúns dos vídeos que chegaron escoitábase o son dos instrumentos moi baixiño, así que optei por deixar a música de fondo. As miñas desculpas. Un saúdo!
Encantame. Moitas grazas por facer estas montaxes tan estupendas.
ResponderEliminarNoraboa polo traballo e como non noraboa a todo os rapaces,un saludo.
ResponderEliminar