mércores, 22 de abril de 2020

Concurso de Merendas Saudables

Ola familias! Como xa sabedes, ao principio deste curso comezamos as Merendas Saudables durante os nosos recreos. Tratouse dunha iniciativa na que a inmensa maioría vos involucrachedes desde o principio e que continuaremos cando poidamos voltar ao cole. Para non perder este bo hábito imos propoñer un sinxelo concurso. Trátase dun Concurso de Merendas Saudables para consumir ben pola mañá ou a media tarde. 

 En que consiste?

Debedes pensar nunha receita sinxela para elaborar unha merenda o máis saudable posible. Podedes optar por seguir o calendario que tiñamos no cole e elixir entre elaborar un bocadillo, merenda con froita ou lácteos ou incluír tamén outros ingredientes: froitos secos, cereais (mellor integrais)...
Trataremos de evitar produtos procesados ou moi azucrados na elaboración (chocolate, "nutella", embutidos moi procesados, postres lácteos...) e optar por ingredientes "naturais" e produtos frescos na medida do posible.

Como elaborar e redactar a vosa receita?

Para que todos poidamos aprender a elaborar a vosa merenda saudable debedes de recoller o proceso de elaboración da vosa receita por escrito xunto cunha foto da mesma e enviala ao correo que se facilitou a través do aviso de Abalar. Tedes tres opcións: 

1) Elaborar un documento de Word onde se inclúa unha foto da receita explicando como se elabora a vosa merenda: nome da receita, ingredientes, tempo de preparación e instrucións para elaborar a receita e enviar un mail onde se achegue dito documento
Se queredes podedes seguir este modelo.


2) Facer un documento similar a este pero a man (boli,lapis) e sacar unha foto que enviaredes achegándoa a un mail.

3) Escribir un correo onde se inclúa, no propio correo: nome da receita, ingredientes, tempo de preparación, instrucións para elaborar a merenda. Ademáis, se podedes, tamén podedes achegar unha foto da receita.

Se necesitades ideas podedes consultar os enlaces na columna dereita do blogue: MERENDAS SAUDABLES.
Se enviades suficientes receitas, intentaremos facer un libro dixital para que todos poidades coñecer as receitas elaboradas polos vosos compañeiros e compañeiras.

IMPORTANTE: No asunto do correo debedes de escribir 
MERENDA - NOME DO ALUMNO/A - CURSO

8 comentarios:

  1. Y valdría enviar un vídeo haciendo la receta???

    ResponderEliminar
  2. Ola Valle
    A idea e facer un "libro dixital" coas vosas receitas. Entón non valería. Necesito a receita por escrito e, se podedes, unha foto co resultado final. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Hola, yo esq no tengo ordenador podría apuntar la receta en un folio y sacar una foto del resultado y mandarlo así???

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!
      Si, podes facelo así. Non hai problema.
      Un saúdo!

      Eliminar
  4. Hola,por favor me indicas el correo electrónico donde debo enviar mi receta. Gracias.

    ResponderEliminar
  5. Ola! O correo é edufanxo@gmail.com
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  6. Cual era el correo al q había q mandar la receta y la foto????

    ResponderEliminar
  7. Ola, o correo é edufanxo@gmail.com
    Un saudo.

    ResponderEliminar

Gracias por tu comentario