Desde o curso pasado e grazas á labor de Santi, o noso profe de reli, puxemos en marcha un pequeno horto un dos recunchos do patio exterior do cole. Á volta das vacacións, grazas ó sistema de rego colocado durante o verán, puidemos recolleitar algúns froitos que todo o alumnado puido degustar. Neste caso tratouse de melón e pepino pero ó longo do curso, en función do mes que corresponda, iremos sembrando e recolleitando distintos froitos para que os vosos fillos/as poidan aprender cales son as froitas e produtos de tempada, os seus beneficios e, como non, o sabor de cada un deles. Aquí quedan algunhas fotos desta primeira degustación.
mércores, 8 de outubro de 2025
Coñecendo o hockey
O pasado mércores 1 e xoves 2 de outubro recibimos a visita no colexio do Club Hockey Hércules que nos acercou a este divertido deporte e a través dalgún dos seus adestradores e adestradoras fixo que coñecésemos os aspectos técnicos básicos para poder xogalos. Esta actividade forma parte da iniciativa "Coñece o meu club" enmarcada dentro do noso PVAD (Plan de Vida Activa e Deportiva). Deixamos algunhas fotos e vídeos que esperamos que vos gusten.
xoves, 2 de outubro de 2025
Descansos Activos
Durante este curso intentaremos promover os Descansos Activos para Infantil e Primaria nas nosas clases. Trátase de pausas breves (5 minutos aproximadamente) de actividade física tras períodos prolongados de sedentarismo na aula co doble obxectivo de aumentar a actividade física durante a xornada lectiva e de aumentar e mellorar a concentración do alumnado de cara a unha actividade posterior. Deixamos unha pequena presentación a continuación onde podedes comprobar como intentaremos implantar esta proposta no noso centro.
Merenda con Olliños
Un curso máis damos comezo ás nosas merendas saudables dando continuidade a unha actividade que forma parte do Plan de Vida Activa e Hábitos Saudables do centro. Con este proxecto buscamos fomentar hábitos de alimentación saudable no momento das merendas da mañá ademáis de reducir a xeración de envoltorios plásticos e envases optando por alimentos máis naturais e evitando a opción de alimentos procesados.
Este curso, desde a área de EF, unímonos ó proxecto impulsado polo Equipo de Biblioteca que terá como eixo a presentación da nosa nova biblioteca da man da nosa mascota Olliños, descubrindo distintos estilos narrativos así como recursos existentes neste novo espazo que comezaremos a poder desfrutar a pàrtir deste curso.
En que consiste Merenda con Olliños
A partir do luns 6 de outubro comezamos o noso calendario de merendas saudables e que será o seguinte:
Pódese acompañar "a merenda que toque" con outras opcións saudables. Por exemplo, se o luns queredes engadir algo máis cos lácteos podedes incluir tamén paiños de pan, bolachas tipo "mariñeiras", froita, froitos secos (precaución coas alerxias no seu grupo)... é dicir calquera opción que sexa saudable. Recordade, ademais, que a froita é "comodín" e pode traerse calquera día.
Cada día, antes de saír ó recreo, o titor/a ou os propios nenos/as
comproban se a maioría do grupo cumpre coa merenda saudable (permítense
entre 4 e 6 fallos en función do número de alumnos/as da clase). Se é
así marcan un tic no día correpondenete e se ó final da semana consiguen
3 ou máis tics avanzan no plano da biblioteca para descubrir diversas sorpresas e ademais gañar cromos e recompensas
colectivas para o grupo: 15 minutos máis de recreo, día libre de EF,
día libre na biblio...
Deixámosovos unha pequena presentación do material que empregaremos nas merendas deste curso para que vos fagades unha idea máis clara do funcionamento da actividade.
