Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de maio de 2026

Comezo do II Torneo de Salto de Comba

 A principios de maio deu comezo o II Torneo Salto de Comba do Anxo que xa se atopa na súa recta final. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 5 roldas de salto de 1 minuto onde a coordinación entre os membros de grupo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes dalgúns dos enforntamentos.

II Torneo Salto de Comba

venres, 8 de maio de 2026

As nosas merendas saudables

 Unha das actividades da nosa Semana Saudable realizada durante o pasado mes de abril consistiu na elabroación de receitas saudables para as nosas merendas dos recreos. Algúns dos vosos fillos/as inl¡cluso trouxeron esta merenda o venres para desfrutar dela durante o tempo de patio. Con as receitas entregadas polo alumnado realizamos un libro que compartimos con todo vós. esperamos que vos guste e poidades sacar ideas para as vosas merendas saudables.

domingo, 26 de abril de 2026

Resumo da Semana Saudable 25-26

Deixamos a continuación un vídeo onde resumimos con imaxes as distintas actividades realizadas ó longo da nosa Semana saudable. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Semana Saudable 25-26

domingo, 12 de abril de 2026

Volve a nosa Semana Saudable!

 Entre o 13 e o 17 de abril celebraremos de novo a nosa Semana Saudable para tratar de concienciar ó noso alumando da importancia de manter uns hábitos de vida saudables no referido a actividade física, alimentación e saúde mental. Deixamos un gráfico co resumo das actividades que realizaremos ó longo desta semana.

Semana Saudable 2526

sábado, 11 de abril de 2026

Movémonos en familia

  Como parte da nosa Semana Saudable ofrecemos unha actividade para realizar fóra do horario lectivo. Trátase da posibilidade de que completedes en familia algunha das rutas que detallamos a continuación. Son un total de 5 rutas urbanas e fóra da cidade que están clasificadas con distintos graos de dificultade en función, principalmente, das distancias a percorrer, xa que o desnivel en todas elas non é pronunciado e apenas presentan dificultade técnica. Ademais na ficha de cada unha tedes unha enlace para poder seguir fácilmente a ruta co voso teléfono móbil a través da app Wikiloc. Pulsando neste enlace podedes ver o documento:

RUTAS EN FAMILIA

 Por suposto, podedes realizar as rutas que se propoñen, algunha similar ou outras que vos coñezades. De calquera xeito, se vos animades a realizar algunha ruta ou rutas en familia podedes enviar un correo á dirección edufanxo@gmail.com indicando no asunto Familia Apelido1 Apelido2 comentando a ruta que escollichedes e achegando algunha foto en familia durante un momento da mesma. Se podedes empregade unha app que recolla o percorrido realizado nun mapa e enviade tamén unha captura de pantalla da ruta. Coas imaxes que nos cheguen realizaremos un mural que colocaremos no hall de entrada do cole. O prazo para o envío destes correos remata o 26 de abril.

Invitámosvos a participar a todos e todas adaptando as rutas ás posibilidades dos vosos fillos/as. Non o dubidedes e animádevos a participar!

Os mestres e mestras rétante. Aceptas o desafío?

 Algúns dos mestres do cole propoñémosvos varios retos que podedes intentar superar durante os recreos da nosa Semana Saudable. Só tedes que ver o vídeo, escoller os retos que prefirades e esforzarvos por acadar a marca establecida para o voso curso. Iso si, debedes buscar a un compañeiro/a que faga de observador e "certifique" que superáchedes o reto e así optar ó pequeno agasallo que están a elaborar os nenos/as de 5º e 6º de Primaria.

Anímadevos a participar!

mércores, 1 de abril de 2026

Remate do VI Torneo de Datchball do Anxo

 Despois de casi 3 meses de competición o VI Torneo de Datchball do Anxo chegou o seu fin. Durante os recreos de martes e xoves disputáronse máis de 50 partidos entre os equipos formados por alumnos/as de 3º a 6º de Primaria. A deportividade reinou na maior parte deles sendo o propio alumnado o que se encargaba de arbitrar e xestionar as actas dos partidos. Deixamos a continuación os carteis colocados no patio do cole cos equipos que ocuparon as primeiras posicións ó remate deste campionato.


Podium Datchball 2526

domingo, 15 de marzo de 2026

Inicíamonos no ioga

 Durante as últimas dúas semanas todo o alumnado do cole puido disfrutar dunha sesión de ioga impartida por Dani e Laura, pai e nai de dúas alumnas do noso centro e que imparten esta disciplina na escola YogaCoruña ubicada no noso barrio. Os nenos/as pasárono en grande e aprenderon novas actividades e xogos coas que adquirir o control e dominio do seu propio corpo a través de diversas posturas, rutinas e técnicas de relaxación. Esta actividade forma parte do noso Plan de Vida Activa e Deportiva e ten como obxectivo ofrecer ós vosos fillos e fillas diversas formas de actividade física dentro da nosa contorna cercana coa que poder encher o seu tempo de ocio e lecer. Deixamos un vídeo con algunhas imaxes destas sesións.


Ioga 2526

Fase Zonal do Cros Escolar 2025-2026

 O pasado venres 27 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso colexio participou xunto con outros centros da zona de Cambre e Coruña na carreira de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Programa XOGADE no que estamos inscritos como parte do noso PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva).

O evento tivo lugar no complexo deportivo de Acea de Ama onde se delimitaron percorridos adaptados a cada unha das categorías que ían a participar. Foi unha mañá chea de diversión, nervios, esforzo e superación para os vosos fillos e fillas xunto con outros nenos e nenas da súa idade. Ademais de todo isto acadamos medalla individual na categoría benxamín masculina (2º e 3º de Primaria) por quedar clasificados en 3º lugar e o que fai que Javi A. de 3º de Primaria pase a participar na fase provincial que terá lugar en Negreira.

Deixamos un vídeo acon algunhas fotos desta xornada.


martes, 9 de decembro de 2025

Moitas grazas, familias!

 O pasado 27 de novembro celebramos a nosa sétima edición da carreira Kilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que,como noutras edicións, serviu para recadar fondos que permitan axudar a nenos/as de países que sobreviven en condicións moi desfavorables por motivos de conflitos bélicos, fenómenos naturais...

En canto á carreira, tras o primeiro adiamento por mor da choiva, puidemos desfrutar dunha mañá sen excesivo frío e amenizada por moitas familas presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Ademais un ano máis e xa van sete, o compromiso dos patrocinadores foi espectacular como así reflicte a cantidade que entre todos e todas recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira e tamén un enlace ao documento PDF co recibí que nos enviou a ONG "Save the Children" no que se recolle o ingreso da recadación realizado polo colexio a semana pasada.


Carreira Solidaria 2526

xoves, 13 de novembro de 2025

VII Carreira "Kilómetros de Solidariedade"

    O próximo xoves 20 de novembro para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos da Infancia celebraremos a nosa sétima edición da Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos no Parque de Eirís

    Nesta edición, como noutras anteiores, os fondos recadados destinaranse a axudar a nenos e nenas desfavorecidos e desprotexidos naqueles países nos que traballa esta ONG. Neste enlace tedes toda a información sobre como se usan os fondos recadados nesta actividade.

https://www.savethechildren.es/actualidad/preguntas-frecuentes-para-las-familias-coles

Explicamos detalladamente a continuación o funcionamento da carreira xa que vos (pais, nais, avós, avoas, tíos, tías...) sodes unha parte importante da mesma.

Como funciona a carreira?
  1. Busca de “patrocinadores”.
Ao longo destes días os vosos fillos levarán a casa un carnet de corredor para conseguir “patrocinador” ou “patrocinadores” entre a súa familia ou amigos adultos. O patrocinador escribe o seu nome no carnet e a cantidade que se compromete a aportar por cada volta dada ao percorrido. Una vez cumplimentado o carnet levarase de novo ao cole xa que é necesario para o día da carreira.
  1. Celebración da carreira.
O xoves 27 de novembro ás 11:00 todo o cole desprazarase ó Parque de Eirís e alí celebraremos a carreira a partires das 11:45 aproximadamente. Só participarán os alumnos/as de Educación Primaria, pero os nenos/as de Educación Infantil estarán presentes para animar e apoiar aos “maiores” e incluso dar unha "volta simbólica" ao percorrido. Estaremos organizados por turnos e en cada turno participará cada unha das clases, correndo ou camiñando en función das posibilidades de cada neno durante 2 minutos aproximadamente.
Deste xeito calculade que o máximo número de voltas que pode dar o voso fillo/a sexa de 2-3 no caso dos máis pequenos ou 4-6 no caso dos maiores. En función disto podedes decidir a pequena cantidade que queredes aportar por cada volta.
Trala carreira anotaremos as voltas que fixo cada un no seu carnet de corredor e entregarémosllo para que o leven a casa. Tamén recibirán un diploma que acredita a súa participación na carreira.
Se por diversas circunstancias algún neno ou nena non pode conseguir "patrocinadores", non hai ningún tipo de problema xa que pode participar igualmente na carreira con todos os seus compañeiros e compañeiras.
  1. Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
Trala carreira os nenos/as levarán o carnet a súa casa e solicitarán o diñeiro “pactado” previamente. Así, se por exemplo o avó prometera 0,50 céntimos por volta e a su neta realizou 2 voltas terá que entregar 1 euro. O diñeiro se traerá nun sobre pechado ó colexio para entregarllo ó titor/a. Este ano, ó igual que o curso pasado e por cuestións organizativas, o equipo docente decidiu establecer unha máxima aportación de 1 euro por cada volta. Se algunha familia quixese realizar unha maior aportación pode facelo poñéndose en contacto coa ONG "Save the Children".

MOI IMPORTANTE: POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN O DIÑEIRO SÓ SE PODERÁ TRAER AO COLEXIO ENTRE O 1 E O 4 DE DECEMBRO (AMBOS INCLUSIVE). ANTES E DESPOIS DESA DATA OS MESTRES NON RECOLLERÁN NINGÚN SOBRE CON DIÑEIRO.

Aquí faremos a recadación e farémola chegar a “Save the Children” que á súa vez enviará un diploma ao centro que o acredite como participante no proxecto “Kilómetros de Solidariedade” e un recibí especificando a recadación sumada polo noso colexio.

    Agradecemos de antemán a vosa colaboración por pequena que poida parecer e recordade que cun pequeno “grao de area” entre todos podemos axudar aos que máis o necesitan.

mércores, 8 de outubro de 2025

Coñecendo o hockey

 O pasado mércores 1 e xoves 2 de outubro recibimos a visita no colexio do Club Hockey Hércules que nos acercou  a este divertido deporte e a través dalgún dos seus adestradores e adestradoras fixo que coñecésemos os aspectos técnicos básicos para poder xogalos. Esta actividade forma parte da iniciativa "Coñece o meu club" enmarcada dentro do noso PVAD (Plan de Vida Activa e Deportiva). Deixamos algunhas fotos e vídeos que esperamos que vos gusten.

xoves, 2 de outubro de 2025

Descansos Activos

Durante este curso intentaremos promover os Descansos Activos para Infantil e Primaria nas nosas clases. Trátase de pausas breves (5 minutos aproximadamente) de actividade física tras períodos prolongados de sedentarismo na aula co doble obxectivo de aumentar a actividade física durante a xornada lectiva e de aumentar e mellorar a concentración do alumnado de cara a unha actividade posterior. Deixamos unha pequena presentación a continuación onde podedes comprobar como intentaremos implantar esta proposta no noso centro.

Descansos Activos Blog

Merenda con Olliños

Un curso máis damos comezo ás nosas merendas saudables dando continuidade a unha actividade que forma parte do Plan de Vida Activa e Hábitos Saudables do centro. Con este proxecto buscamos fomentar hábitos de alimentación saudable no momento das merendas da mañá ademáis de reducir a xeración de envoltorios plásticos e envases optando por alimentos máis naturais e evitando a opción de alimentos procesados.

    Este curso, desde a área de EF, unímonos ó proxecto impulsado polo Equipo de Biblioteca que terá como eixo a presentación da nosa nova biblioteca da man da nosa mascota Olliños, descubrindo  distintos estilos narrativos así como recursos existentes neste novo espazo que comezaremos a poder desfrutar a pàrtir deste curso. 

    En que consiste Merenda con Olliños

    A partir do luns 6 de outubro comezamos o noso calendario de merendas saudables e que será o seguinte:


    Pódese acompañar "a merenda que toque" con outras opcións saudables. Por exemplo, se o luns queredes engadir algo máis cos lácteos podedes incluir tamén paiños de pan, bolachas tipo "mariñeiras", froita, froitos secos (precaución coas alerxias no seu grupo)... é dicir calquera opción que sexa saudable. Recordade, ademais, que a froita é "comodín" e pode traerse calquera día. 

    Cada día, antes de saír ó recreo, o titor/a ou os propios nenos/as comproban se a maioría do grupo cumpre coa merenda saudable (permítense entre 4 e 6 fallos en función do número de alumnos/as da clase). Se é así marcan un tic no día correpondenete e se ó final da semana consiguen 3 ou máis tics avanzan no plano da biblioteca para descubrir diversas sorpresas e ademais gañar cromos e recompensas colectivas para o grupo: 15 minutos máis de recreo, día libre de EF, día libre na biblio...

    Deixámosovos unha pequena presentación do material que empregaremos nas merendas deste curso para que vos fagades unha idea máis clara do funcionamento da actividade.

 

Merenda con Olliños Blog

xoves, 18 de setembro de 2025

De volta co Judo

 Comezamos un novo curso e recuperamos unha actividade tradicional no cole como é a visita dun Club deportivo con gran arraigo no noso barrio como é o Judo Club Coruña.

A pasada semana visitáronnos Bernardo Romay, alma máter deste club, e Chechu, un dos mestres que imparten clases a nenos/as de todas as idades. Todo o alumnado de Primaria puido desfrutar dunha sesión na que, a través de diversos xogos e actividades, descubriron este deporte. Esta actividade forma parte da proposta "Coñece o meu Club" incluída dentro do noso Plan de Vida Activa e Deportiva. O seu obxectivo e promover a prática deportiva dos vosos fillos/as fóra do horario escolar achegando as propostas de clubs deportivos da nosa contorna.

Deixamos un vídeo con imaxes e momentos destas xornadas.


Judo Club Coruña 2526

domingo, 22 de xuño de 2025

Oriéntamonos!

 O pasado xoves 12 de xuño o alumnado de 4º a 6º de Primaria participou nunha carreira de orientación no Parque de Eirís. Nesta actividade o alumnado organizado en equipos de 2-3 compoñentes tivo que buscar, axudado dos seus mapas correspondentes, as balizas ubicadas en distintas zonas do parque. Con maior ou menor axuda, todos os nenos/as foron capaces de localizar todas as balizas e completar o percorrido. Esta actividade puido levarse a cabo grazas á colaboración de varias nais e pais que  se ofreceron para axudar na actividade. A súa labor delimitando o percorrido e aconsellando ós nenos/as durante a actividade resultou fundamental para que todo se desenvolvese segundo o previsto. Moitas grazas a Verónica, Mónica, Julio, Tomás, Avelino e Patricia, ademais de María Gabriela, Virginia e Vanessa que no último momento non puideron asistir pero tamén se ofreceron como colaboradoras.   Deixamos fotos da xornada que esperamos que vos gusten.


Orientación xuño 2025

mércores, 4 de xuño de 2025

Bo Camiño!

 O pasado luns 26 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazaouse ata Miño para completar un tramo do Camiño Inglés que une esta localidade coa vila de Betanzos. A climatolaxía foi perfecta para esta actividade ó longo da mañá e puidemos completar a etapa de algo menos de 11 km en menos tempo do previsto chegando á Praza dos Irmáns García Noblejas arredor das 13:30. Alí realizamos o xantar e posteriormente nos desprazamos ó parque Pablo Iglesias onde desfrutamos de tempo libre antes de emprender o camiño de volta á Coruña. Premendo na imaxe podedes acceder a un vídeo que resume esta xornada de actividade física e convivencia.




luns, 19 de maio de 2025

Remate do I Torneo de Salto de Comba do Anxo

 A pasada semana rematou o I Torneo de Salto de Comba do Anxo no que tomaron parte arredor de 60 nenos/as de 3º a 6º de Primaria repartidos en 6 equipo para o torneo de 2º ciclo e outros 6 para o torneo de 3º ciclo. Foron máis de 2 meses de competición durante os recreos nas que o traballo en equipo resultou fundamental para conseguir superar ós adversarios. Finalmente resultaron gañadores os equipos de Pocoyós no torneo do máis pequenos e Os Saltarines no campionato dos maiores do cole. Deixamos os podiums cos 3 primeiros clasificados en cada categoría.


Podium Salto Comba 242

domingo, 20 de abril de 2025

Resumo da Semana Saudable 24-25

 Deixamos a continuación un vídeo onde resumimos con imaxes as distintas actividades realizadas ó longo da nosa Semana Saudable. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Semana Saudable 24-25

sábado, 19 de abril de 2025

Recreos dinámicos do segundo trimestre

 Durante este segundo trimestre continuamos a incluir distintas propostas dentro dos nosos recreos dinámicos. O obxectivo non é outro que todos os nenos e nenas teñan distintas posibilidades para participar e desfrutar das actividades que organizamos durante os recreos. 

Deste xeito durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo tivo lugar o noso V Torneo de Datchball para os cursos de 3º a 6º de Primaria. Trátase dun deporte alternativo que parte das regras do "brilé" pero con normas e dinámicas de xogo distintas que fan que desde o primeiro momento resulte moi divertido e "adictivo" para a maioría da rapazada. 

No torneo organizado para 3º e 4º de Primaria participaron un total de 7 equipos quedando en primeiro lugar o equipo "Salvaxes" sendo a medalla de prata para "Los Lagartos" e o terceiro posto para "Los Espaciales". No caso de 5º e 6º de Primaria o torneo contou coa participación de 7 equipos tamén, sendo "Castros FC" quen acadou a victoria seguido de "Demos do Anxo" e "Los Bunny". Nestes torneos os equipos acadaban puntos tanto polo resultado do partido como polo seu comportamento durante o mesmo valorando o seu respecto a árbitros (xogadores/as doutros equipos) e contrarios. Isto favoreceu que o bo ambiente e a deportividade reinase na maior parte dos partidos xogados.

Outra proposta para os patios do segundo trimestre foi "AnXogamos?" que consiste en ofrecer, unha vez á semana e para un curso en concreto, a posibilidade de participar nun xogo organizado e dinamizado por unha mestra ou mestre do cole. Durante este trimestre estes xogos ían enfocados a 3º e 4º de Primaria que puideron desfrutar de xogos como "O Pano", "Pies quietos!" e "Xogos con paracaídas".

Por último, desde o mes de marzo estmaos a disputar un novo torneo na segunda quenda de recreo. Nesta ocasión trátase dun torneo de salto de comba por equipos na que os nenos/as enfróntanse en partidas de 5 roldas dun minuto de duración para tratar de sumar o maior número de saltos posibles tendo en conta que os saltos de 2 ou 3 xogadores/as á vez contan dobre ou triple en cada caso.

Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes do comentado anteriormente.

Recreos Dinámicos 2 Tri 2425