Resulta
difícil debido á situación dada pero desde o área de EF queremos
propoñervos un pequeno reto ou desafío físico en familia. Trátase
de completar unha rutina diaria dos exercicios que se amosan no
seguinte vídeo e que poden ser realizados nun espacio pequeno sen
ningún material adicional, só co voso corpo. Algúns deles soemos
facelos nas clases de EF como parte do quecemento polo que os
nenos/as (especialmente de 3º a 6º) xa deberían de coñecelos.
Pois ben, o reto consiste en completar cada día 3 roldas de todos estes exercicios atendendo á orde e ao tempo de execución ou repeticións que se indican no vídeo e descansando 2-3 minutos entre cada rolda de exercicios.
Para rexistrar que ides cumprindo o reto, debedes de completar a ficha que se achega a continuación en PDF (podedes imprimila ou copiala a man). Ademais, como dixemos, este reto debedes intentar que sexa en familia, polo que se conseguides que algún familiar se una a vos na execución do mesmo deixádeo rexistrado nesta folla.
Folla Rexistro Reto Familiar by Gerar Parrado on Scribd
Por último, se vos apetece podedes gravarvos co móbil(máximo 10 segundos e en sentido horizontal) mentres realizades esta rutina e envialo á conta de correo que vos facilitamos a través de Abalar. Se temos suficientes vídeos, faremos unha pequena montaxe para demostrar que o Anxo quere manterse en forma tamén fóra do cole. Se tedes algunha dúbida podedes expresala facendo un comentario a esta entrada.
Ao longo destes días propoñeremos outras opcións para manterse en forma na casa. Moito ánimo!
Eres un crack. Que saibas que eu fareinas tamén, hoxe non as acabei porque os kilos son moitos, pero se ao remate da corentena as fago como ti dis, para min xa é un logro, hahaha,
ResponderEliminarGrazas Gerardo!!!
Alfonso
Moitas grazas, Alfonso! Encántame que te animes, pero quero un vídeo como proba... jejeje. Unha aperta moi gande!
EliminarHola Gerardo!!! Soy Tania, la madre de Roi, de 2°B. Estábamos a punto de mandarte un video del peque con los ejercicios pero en el abalar desapareció el mensaje en el que venía tu correo. Un saludo!!!
ResponderEliminarBoas Tania! O luns envío unha nova mensaxe a través de Abalar e inclúo a dirección de mail para que poidades enviar ese vídeo. Un saúdo!
Eliminar