venres, 28 de maio de 2021

Este é o meu club!

 Con esta actividade queremos dar visibilidade aos clubs e asociacións deportivas do noso barrio e entorno próximo. A idea é elaborar un “mapa” onde estean localizados estes clubs, asociacións ou agrupacións das que formades parte e saber algo máis da súa historia e das actividades que permiten practicar. Se queres colaborar, toma nota.

Debes elaborar un vídeo de 1 minuto de duración como mínimo e 2 minutos como máximo. Neste vídeo debes explicar ou deben aparecer recollidos os seguintes datos:

- Nome do club, asociación ou agrupación.

- Deportes ou actividades que ofrece.

- A que idades está dirixido.

- Onde se atopa (dirección).

- Breve historia sobre o mesmo (ano de fundación, anécdotas, cantos nenos/as están inscritos nas súas actividades...).

- A vosa opinión e porque vos gusta formar parte deste club.

O formato do vídeo é libre pero sempre aportando a información antes detallada. Podedes aparecer vós ou non, utilizar a vosa voz, podedes gravar a porta do local do club ou as súas instalacións (pedindo permiso previamente), podedes utilizar textos no vídeo para aportar información... en fin, todas as ideas son boas. 

En caso de que varios compañeiros/as do cole esteades nun mesmo club podedes facer un único vídeo onde participades todos.

Para elaborar o vídeo podedes empregar algunha das aplicacións ou programas que se recomendan na infografía que tedes a continuación e que resume as instrucións para esta actividades.

Se tedes dúbidas preguntade ao mestre de EF ou a algún adulto que vos poda botar unha man coa montaxe do vídeo. Ánimo e non dubidedes en participar e axudar a promover aos clubs e asociacións do noso barrio!


Este é o meu club! de Gerar Parrado

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario