domingo, 22 de marzo de 2026

Aprendemos a alimentarnos co Prato de Harvard

 Este curso continuamos a participar no Programa Nutriescolas co obxectivo de fomentar hábitos de alimentación saudables entre alumnado e familias do noso centro. Desde principio de curso puxemos en marcha as nosas merendas saudables e durante os mes de de marzo nas sesións de EF realizamos diversas actividades para distinguir os produtos procesados que podemos atoparnos cando mercamos no supermercado así de como podemos elaborar menús saudables co Prato de Harvard.

domingo, 15 de marzo de 2026

Inicíamonos no ioga

 Durante as últimas dúas semanas todo o alumnado do cole puido disfrutar dunha sesión de ioga impartida por Dani e Laura, pai e nai de dúas alumnas do noso centro e que imparten esta disciplina na escola YogaCoruña ubicada no noso barrio. Os nenos/as pasárono en grande e aprenderon novas actividades e xogos coas que adquirir o control e dominio do seu propio corpo a través de diversas posturas, rutinas e técnicas de relaxación. Esta actividade forma parte do noso Plan de Vida Activa e Deportiva e ten como obxectivo ofrecer ós vosos fillos e fillas diversas formas de actividade física dentro da nosa contorna cercana coa que poder encher o seu tempo de ocio e lecer. Deixamos un vídeo con algunhas imaxes destas sesións.


Ioga 2526

Fase Zonal do Cros Escolar 2025-2026

 O pasado venres 27 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso colexio participou xunto con outros centros da zona de Cambre e Coruña na carreira de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Programa XOGADE no que estamos inscritos como parte do noso PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva).

O evento tivo lugar no complexo deportivo de Acea de Ama onde se delimitaron percorridos adaptados a cada unha das categorías que ían a participar. Foi unha mañá chea de diversión, nervios, esforzo e superación para os vosos fillos e fillas xunto con outros nenos e nenas da súa idade. Ademais de todo isto acadamos medalla individual na categoría benxamín masculina (2º e 3º de Primaria) por quedar clasificados en 3º lugar e o que fai que Javi A. de 3º de Primaria pase a participar na fase provincial que terá lugar en Negreira.

Deixamos un vídeo acon algunhas fotos desta xornada.