sábado, 30 de maio de 2026

Comezo do II Torneo de Salto de Comba

 A principios de maio deu comezo o II Torneo Salto de Comba do Anxo que xa se atopa na súa recta final. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 5 roldas de salto de 1 minuto onde a coordinación entre os membros de grupo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes dalgúns dos enforntamentos.

II Torneo Salto de Comba

martes, 19 de maio de 2026

Os nosos Patios Dinámicos

Un curso máis volve o Anxogamos, unha proposta que busque ofrecer posibilidades de ocio para todo a alumnado durante o tempo de recreo. Desta vez decidimos introducir pequenos cambios na nosa forma de organizalo e extender esta actividade tamén á primeira quenda de recreo. Así os luns e mércores, no caso do 1º ciclo e Infantil, e martes e venres, no caso de 2º e 3º ciclo, os nenos/as poden escoller entre os distintos xogos ofertados (que varían cada 2 semanas) coordinados por un dos mestres/as participantes no proxecto. Deixamos a continuación tanto os carteis que resumen o funcioamento desta actividade como un pequeno vídeo con imaxes dos primeiros xogos propostos.


Funcionamento de Anxogamos
Anxogamos 2526

venres, 8 de maio de 2026

As nosas merendas saudables

 Unha das actividades da nosa Semana Saudable realizada durante o pasado mes de abril consistiu na elabroación de receitas saudables para as nosas merendas dos recreos. Algúns dos vosos fillos/as inl¡cluso trouxeron esta merenda o venres para desfrutar dela durante o tempo de patio. Con as receitas entregadas polo alumnado realizamos un libro que compartimos con todo vós. esperamos que vos guste e poidades sacar ideas para as vosas merendas saudables.