A principios de maio deu comezo o II Torneo Salto de Comba do Anxo que xa se atopa na súa recta final. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 5 roldas de salto de 1 minuto onde a coordinación entre os membros de grupo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes dalgúns dos enforntamentos.
II Torneo Salto de Combasábado, 30 de maio de 2026
mércores, 1 de abril de 2026
Remate do VI Torneo de Datchball do Anxo
Despois de casi 3 meses de competición o VI Torneo de Datchball do Anxo chegou o seu fin. Durante os recreos de martes e xoves disputáronse máis de 50 partidos entre os equipos formados por alumnos/as de 3º a 6º de Primaria. A deportividade reinou na maior parte deles sendo o propio alumnado o que se encargaba de arbitrar e xestionar as actas dos partidos. Deixamos a continuación os carteis colocados no patio do cole cos equipos que ocuparon as primeiras posicións ó remate deste campionato.
luns, 19 de maio de 2025
Remate do I Torneo de Salto de Comba do Anxo
A pasada semana rematou o I Torneo de Salto de Comba do Anxo no que tomaron parte arredor de 60 nenos/as de 3º a 6º de Primaria repartidos en 6 equipo para o torneo de 2º ciclo e outros 6 para o torneo de 3º ciclo. Foron máis de 2 meses de competición durante os recreos nas que o traballo en equipo resultou fundamental para conseguir superar ós adversarios. Finalmente resultaron gañadores os equipos de Pocoyós no torneo do máis pequenos e Os Saltarines no campionato dos maiores do cole. Deixamos os podiums cos 3 primeiros clasificados en cada categoría.
sábado, 19 de abril de 2025
Recreos dinámicos do segundo trimestre
Durante este segundo trimestre continuamos a incluir distintas propostas dentro dos nosos recreos dinámicos. O obxectivo non é outro que todos os nenos e nenas teñan distintas posibilidades para participar e desfrutar das actividades que organizamos durante os recreos.
Deste xeito durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo tivo lugar o noso V Torneo de Datchball para os cursos de 3º a 6º de Primaria. Trátase dun deporte alternativo que parte das regras do "brilé" pero con normas e dinámicas de xogo distintas que fan que desde o primeiro momento resulte moi divertido e "adictivo" para a maioría da rapazada.
No torneo organizado para 3º e 4º de Primaria participaron un total de 7 equipos quedando en primeiro lugar o equipo "Salvaxes" sendo a medalla de prata para "Los Lagartos" e o terceiro posto para "Los Espaciales". No caso de 5º e 6º de Primaria o torneo contou coa participación de 7 equipos tamén, sendo "Castros FC" quen acadou a victoria seguido de "Demos do Anxo" e "Los Bunny". Nestes torneos os equipos acadaban puntos tanto polo resultado do partido como polo seu comportamento durante o mesmo valorando o seu respecto a árbitros (xogadores/as doutros equipos) e contrarios. Isto favoreceu que o bo ambiente e a deportividade reinase na maior parte dos partidos xogados.
Outra proposta para os patios do segundo trimestre foi "AnXogamos?" que consiste en ofrecer, unha vez á semana e para un curso en concreto, a posibilidade de participar nun xogo organizado e dinamizado por unha mestra ou mestre do cole. Durante este trimestre estes xogos ían enfocados a 3º e 4º de Primaria que puideron desfrutar de xogos como "O Pano", "Pies quietos!" e "Xogos con paracaídas".
Por último, desde o mes de marzo estmaos a disputar un novo torneo na segunda quenda de recreo. Nesta ocasión trátase dun torneo de salto de comba por equipos na que os nenos/as enfróntanse en partidas de 5 roldas dun minuto de duración para tratar de sumar o maior número de saltos posibles tendo en conta que os saltos de 2 ou 3 xogadores/as á vez contan dobre ou triple en cada caso.
Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes do comentado anteriormente.
mércores, 12 de marzo de 2025
Comeza o I Torneo de Salto de Comba
A vindeira semana comezará o I Torneo Salto de Comba do Anxo. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 7 roldas onde a coordinación entre os membros de equipo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Irémosvos informando do sucedido neste torneo a medida que avancen as semanas. Deixamos a continuación o cartel que colgamos no patio durante estas semanas coa información relativa á organización do mesmo.
martes, 4 de marzo de 2025
O torneo de datchball chega ó seu fin
Despois de máis de 2 meses ed competición o V Torneo de Datchball do Anxo chegou o seu fin. Durante os recreos de mércores e venres disputáronse máis de 40 partidos entre os equipos formados por alumnos/as de 3º a 6º de Primaria. A deportividade reinou na maior parte deles sendo o propio alumnado o que se encargaba de arbitrar e xestionar as actas dos partidos. Deixamos a continuación os carteis colocados no patio do cole cos equipos que ocuparon as primeiras posicións ó remate deste campionato.
mércores, 30 de outubro de 2024
Comeza o V Torneo de Datchball do Anxo
A partires da próxima semana e ata o mes de febreiro terá lugar o V Torneo de Datchball do Anxo no que participarán un total de 14 equipos repartidos en dous grupos: 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. O datchball é un deporte que ten un gran éxito entre o noso alumnado ó tratarse dunha adaptación do popular brilé pero con maior dinamismo e participación de todos os xogadores/as ó poñer 3 balóns en xogo ó mesmo tempo e permitir a incorporación continua de xogadores/as eliminados.
Neste torneo os equipos participantes non só sumarán puntos polas victorias obtidas senón que entrarán en xogo factores como cumprimento de normas, respecto a árbitros e contrarios para obter máis puntuación. dexiamos o cartel que anunciaba o troneo nestas semanas previas o mesmo.
mércores, 25 de setembro de 2024
No recreo xogamos todas e todos
A vindeira semana comezarán os patios dinámicos para Infantil e Primaria dando continuidade ó proxecto de centro comezado xa fai tres cursos. A través deste proxecto, tendo en conta a opinión de mestras e mestres, alumnado e familias, intentamos crear distintas zonas de actividade para atender ós diferentes gustos e intereses dos nenos/as durante os tempos de recreo, de xeito que todas e todos teñan a oportunidade de divertirse e participar deste tempo de lecer. Con esta intención o patio divídese, tanto na primeira quenda (Infantil, 1º e 2º) como na segunda quenda (3º.6º Primaria), en diversas zonas de actividade e lecer.
Zona 2:
Zona 3:
Zona5:
Cercana ás escaleiras de subida será a zona creativa, do horto e xogos populares. Pouco a pouco estamos acondicionando a zona (a través do pintado e diversos xogos) para favorecer o desfrute dos vosos fillos/as. Ademais nesta zona pódense empregar materiais como cordas, gomas elásticas, peóns ou zancos.
Zona 6:
Zona de xogos infantís, bancos e rocódromo.
O alumnado dos cursos superiores será o encargado de xestionar, repartir e recoller o material.
Deixamos a continuación a cartelería que empregaremos no patio para delimitar zonas de xogo e clarificar normas de uso e funcionamento.
xoves, 25 de abril de 2024
Resumo da nosa Semana Saudable 23-24
Deixamos a continuación un vídeo onde resumimos con imaxes as distintas actividades realizadas ó longo da nosa Semana saudable. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!
mércores, 10 de abril de 2024
Chega a nosa Semana Saudable
A vindeira semana celebraremos por segundo ano a Semana Saudable do Anxo. Trátase dunha semana na que realizaremos diversas actividades para concienciarnos da importancia de manter unha boa saúde a través da práctica de actividade física e o coidado da nosa alimentación ademais da importancia doutros hábitos como pode ser un descanso diario adecuado.
As actividades principais que realizaremos serán:
- Retos docentes: os mestres/as do Anxo reatn o alumnado de 3º a 6º de Primaria para que que intented superar diversos desafíos. Podedes ver no vídeo que temos a continuación do que vos estamos a falar... O funcionamento dos retos e de como superalos están explicados no propio vídeo e nos carteis que veredes no patio do cole.
- "Concurso de Merendas Saudables Creativas": o venres 19 de abril os nenos/as que o desexen poden traer unha merenda que ademais de saudable sexa orixinal, artística ou creativa. O curso pasado o listón quedou moi alto con todo tipo de animais elaborados con froitas, brochetas, bocadillos de diversas formas... que desbordaban orixinalidade, cor e creatividade.
- "Elaboración de carteis e pósters saudables": Na área de Educación Artística o noso alumnado creará diversos pósters e carteis con mensaxes saudable que servirán para decorar o noso cole.
domingo, 31 de marzo de 2024
Continúan os patios dinámicos
Ó longo do 2º trimestre demos continuidade ós nosos patios dinámicos fomentando diversos tipos de actividades para intentar conseguir que a maior parte do alumnado poida desfrutar de patios activos e divertidos.
Deste xeito continuamos coa actividade "AnXogamos?" iniciada xa o curso pasado. Nun recreo de cada semana ofrecemos a posibilidade de participar nun xogo ou proposta lúdica a cada curso de 3º a 6º de Primaria. Este xogo está dinamizado por un mestre/a do centro e os nenos/as apúntanse libremente. As propostas foron variadas: xogos con paracaídas, O Pano, Relevos de 3 en raia... e terán continuidade no 3º trimestre.
Por outra banda organizouse un torneo de Datchball, xogo con certas similitudes co Brilé pero moito máis dinámico que posibilita unha maior participación dos xogadores/as e que, ademais, ten gran éxito entre os voso fillos/as. Neste campionato a puntuación de cada partido viña dada non só polo resultado dos propios encontros senón polo grao de deportividades amosada por cada un dos equipos. Desenvolveuse ó longo do trimestre e rematou coa entrega dos diplomas ós tres primeriros clasificados de cada categoría nos útimos días previos ás vacacións de Semana Santa.
Vos deixamos algunhas fotos destas actividades.
mércores, 20 de setembro de 2023
No recreo xogamos todas e todos!
A vindeira semana comezarán os patios dinámicos para Infantil e Primaria dando continuidade ó proxecto de centro comezado xa fai dous cursos. A través deste proxecto, tendo en conta a opinión de mestras e mestres, alumnado e familias, intentamos crear distintas zonas de actividade para atender ós diferentes gustos e intereses dos nenos/as durante os tempos de recreo, de xeito que todas e todos teñan a oportunidade de divertirse e participar deste tempo de lecer. Con esta intención o patio divídese, tanto na primeira quenda (Infantil, 1º e 2º) como na segunda quenda (3º.6º Primaria), en diversas zonas de actividade e lecer.
Neste enlace podedes acceder a unha táboa coa organización dos espazos que se describen con máis detalle a continuación.
Táboa resumo coa organización de espazos nos recreos
Zona 2:
Zona 3:
Zona5:
Cercana ás escaleiras de subida será a zona creativa, do horto e xogos populares. Pouco a pouco estamos acondicionando a zona (a través do pintado especialmente) para favorecer o xogo e desfrute dos vosos fillos/as. Ademais nesta zona pódense empregar materiais como cordas, gomas elásticas, peóns ou zancos.
Zona 6:
Zona de xogos infantís, bancos e rocódromo.
O alumnado dos cursos superiores será o encargado de xestionar, repartir e recoller o material.
A medida que avance o curso iremos observando e avaliando as necesidades do patio ademais de introducir novas actividades e materiais que poidan ser empregados pola rapazada neste tempo de lecer.
Deixamos a continuación a cartelería que empregaremos no patio para delimitar zonas de xogo e clarificar normas de uso e funcionamento.
domingo, 23 de abril de 2023
Os profes rétante... aceptas o desafío?
Algúns dos mestres do cole propoñémosvos varios retos que podedes intentar superar durante os recreos da nosa Semana Saudable. Só tedes que ver o vídeo, escoller o reto que prefirades e esforzarvos por igualalo ou superalo contando para iso cos intentos que sexan necesarios. Iso si, debedes buscar a un compañeiro/a que faga de observador e "certifique" que superáchedes o reto e así podervos inscribir no listado dos alumnos/as que conseguiron "vencer" ós mestres.
Anímadevos a participar!
Fai clic na imaxe para ver o vídeo cos retos dos mestres.
luns, 3 de abril de 2023
Recreos dinámicos
Durante este segundo trimestre continuamos a incluir distintas propostas dentro dos nosos recreos dinámicos. O obxectivo non é outro que todos os nenos e nenas teñan distintas posibilidades para participar e desfrutar das actividades que organizamos durante os recreos.
Deste xeito durante os meses de febreiro e marzo tivo lugar o I Torneo de Datchball para os cursos de 3º a 6º de Primaria. Trátase dun deporte alternativo que parte das regras do "brilé" pero con normas e dinámicas de xogo distintas que fan que desde o primeiro momento resulte moi divertido e "adictivo" para a maioría da rapazada.
No torneo organizado para 3º e 4º de Primaria participaron un total de 6 equipos quedando en primeiro lugar o equipo "Los Cocodrilos" sendo a medalla de prata para "Os Castros" e o terceiro posto para "Los 4B y 4A". No caso de 5º e 6º de Primaria o torneo contou coa participación de 4 equipos, sendo "Pepis Gordis" quen acadou a victoria seguido de "Barça" e "Los de 5ºA y 5ºB". Nestes torneos os equipos acadaban puntos tanto polo resultado do partido como polo seu comportamento durante o mesmo valorando o seu respecto a árbitros (xogadores/as doutros equipos) e contrarios. Isto favoreceu que o bo ambiente e a deportividade reinase na maior parte dos partidos xogados.
Outra proposta para os patios do segundo trimestre foi "AnXogamos?" que consiste en ofrecer, unha vez á semana e para un curso en concreto, a posibilidade de participar nun xogo organizado e dinamizado por unha mestra ou mestre do cole. Durante este trimestre estes xogos ían enfocados a 3º e 4º de Primaria que puideron desfrutar de xogos como "O Pano", "Pies quietos!" e "Xogos con paracaídas".
Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes do comentado anteriormente.
mércores, 2 de novembro de 2022
Comezamos os patios dinámicos: "No recreo xogamos todas e todos"
Fai un par de semanas comezamos a organización dos patios dinámicos para Infantil e Primaria. Para esta primeira fase, tendo en conta a opinión de mestras e mestres, alumnado e familias, decidimos crear distintas zonas de actividade para atender ós diferentes gustos e intereses dos nenos/as durante os tempos de recreo, de xeito que todas e todos teñan a oportunidade de divertirse e participar deste tempo de lecer. Deste xeito decidimos organizar diversas zonas de actividade dentro do noso patio:
Zona 2: Zona para o fútbol usando as porterías portátiles adquiridas polo colexio. Na segunda quenda de recreo os cursos de 3º a 6º de Primaria túrnanse para usala cada día da semana de luns a xoves. O venres é "día sen fútbol".
Zona 3: zona con 4 canastras (2 de nova adquisición) de distintas alturas para xogar a baloncesto.
Zona5: Cercana ás escaleiras de subida será a zona creativa, do horto e xogos populares. Pouco a pouco tentaremos ir acondicionando a zona (a través do pintado especialmente) para favorecer o xogo e desfrute dos vosos fillos/as. Ademais nesta zona pódense empregar materiais como cordas, gomas elásticas, peóns ou zancos.
Zona 6: Zona de xogos infantís, bancos e rocódromo.
O alumnado dos cursos superiores será o encargado de xestionar, repartir e recoller o material.
A medida que avance o curso iremos observando e avaliando as necesidades do patio ademais de introducir novas actividades e materiais que poidan ser empregados pola rapazada neste tempo de lecer.
Iremos informándovos de todas as novas ó respecto.
mércores, 4 de maio de 2022
Cambiando o patio do cole
Desde o curso pasado estamos intentando cambiar o patio do cole para aumentar as posibilidades de xogo e desfrute do mesmo por parte do noso alumnado. De este xeito comezou a funcionar un pequeno horto desde hai dúas semanas, realizamos o pintado dun mural na parte alta a semana pasada e esta semana os nenos/as comezarán a poder xogar no rocódromo instalado nos últimos días. A instalación deste rocódromo foi posible grazas a aportación económica realizada pola ANPA do cole que desde o primeiro momento mostrou o seu interese e colaborou para que esta mellora puidera levarse a cabo. Antes do seu uso, nas clases de EF estamos explicando as normas de seguridade a cumprir e que son as seguintes:
NORMAS PARA O USO DO ROCÓDROMO
1. O rocódromo soamente será usado por un máximo de 6 persoas ó mesmo tempo.
2. A cabeza no poderá sobrepasar a última ringleira de presas en ningún momento. Esa é a altura máxima que podemos alcanzar.
3. Se non estamos usando o rocódromo non podemos pasar, xogar ou permanecer na zona acolchada de seguridade. Esta zona debe estar libre en todo momento.
4. Debemos comezar a escalar nun dos extremos do rocódromo, nunca polo medio do mesmo.
CONSELLO DE SEGURIDADE:
Se notas que non podes continuar non te deixes caer, salta cara atrás para caer de pé.
Estas modificacións que estamos a facer no patio están baseadas nas respostas que se deron á enquisa realizada o curso pasado na que se solicitou a opinión de alumnado e familias acerca das necesidades e cambios que lles gustaría realizar neste espazo do cole e que, dentro das nosas posibilidades, estamos intentando levar a cabo.
Deixamos aquí algunhas fotos desta nova zona de xogo para os recreos.
xoves, 2 de decembro de 2021
Finalizado o Torneo de Peón
A pasada semana rematou o II Torneo de Peón do Anxo da Garda. Aínda que custou arrancar e tivemos que practicar bastante co peón, case 20 alumnos/as de 3º a 6º de Primaria participaron demostrando a súa habilidade no lanzamento deste xoguete popular. Sexa como fose, o péon xa forma parte dos nosos recreos e sodes moitos os que o solicitades para xogar no patio durante estes días, algo que nos alegra. Aquí deixamos algunhas imaxes da vosa participación.
martes, 9 de novembro de 2021
"Polo San Martiño, peóns ó camiño!"
Para celebrar o día de San Martiño e facendo caso ó refrán "Polo San Martiño, peóns ó camiño!" este venres 12 de novembro celebraremos un torneo de lanzamento de péon para o alumnado de Primaria que desexe participar. Debido as limitacións establecidas polo protocolo COVID non poderemos realizar os "clásicos combates de peón" entre todo o alumnado do cole e cada grupo deberá xogar na súa zona asignada. Durante esta semana os nenos e nenas poden practicar durante os recreos usando os seus peóns ou os que temos no cole. Neste cartel podedes ver con máis detalle as normas e organización do torneo.
venres, 22 de xaneiro de 2021
Comeza o Torneo de Salto de Corda
Este curso continuamos a adaptar á situación COVID os "recreos activos" que puxemos en funcionamiento o curso pasado. Polo de agora, estamos a optar por actividades que minimicen o contacto entre o alumnado e que se realicen con pouco material e, a poder ser, de uso individual. Se no primeiro trimestre o protagonista foi o peón, neste segundo trimestre outro xoguete popular, a corda, colle o relevo. Desde a próxima semana comezaremos un torneo por cursos con distintas modalidades de particiapción: individual de duración, individual de habilidade e por equipos. Aquí queda un cartel co resumo do mesmo.
luns, 30 de novembro de 2020
Noraboa a todos os participantes!
Esta semana reamatou o I Torneo de Peón do Anxo da Garda. Participaron case 30 alumnos/as de 3º a 6º de Primaria demostrando a súa habilidade no lanzamento deste xoguete popular. Aqueles que conseguiron bailar o trompo durante máis tempo obtiveron algún pequeno agasallo como recompensa. Deixámosvos algunhas fotos nos patios e da entrega de premios.











