mércores, 4 de maio de 2022

Cambiando o patio do cole

 Desde o curso pasado estamos intentando cambiar o patio do cole para aumentar as posibilidades de xogo e desfrute do mesmo por parte do noso alumnado. De este xeito comezou a funcionar un pequeno horto desde hai dúas semanas, realizamos  o pintado dun mural na parte alta a semana pasada e esta semana os nenos/as comezarán a poder xogar no rocódromo instalado nos últimos días. A instalación deste rocódromo foi posible grazas a aportación económica realizada pola ANPA do cole que desde o primeiro momento mostrou o seu interese e colaborou para que esta mellora puidera levarse a cabo. Antes do seu uso, nas clases de EF estamos explicando as normas de seguridade a cumprir e que son as seguintes:

NORMAS PARA O USO DO ROCÓDROMO

1. O rocódromo soamente será usado por un máximo de 6 persoas ó mesmo tempo.

2. A cabeza no poderá sobrepasar a última ringleira de presas en ningún momento. Esa é a altura máxima que podemos alcanzar.

3. Se non estamos usando o rocódromo non podemos pasar, xogar ou permanecer na zona acolchada de seguridade. Esta zona debe estar libre en todo momento.

4. Debemos comezar a escalar nun dos extremos do rocódromo, nunca polo medio do mesmo.

CONSELLO DE SEGURIDADE: 

Se notas que non podes continuar non te deixes caer, salta cara atrás para caer de pé.


Estas modificacións que estamos a facer no patio están baseadas nas respostas que se deron á enquisa realizada o curso pasado na que se solicitou a opinión de alumnado e familias acerca das necesidades e cambios que lles gustaría realizar neste espazo do cole e que, dentro das nosas posibilidades, estamos intentando levar a cabo.

Deixamos aquí algunhas fotos desta nova zona de xogo para os recreos.








2 comentarios:

  1. Como miembro de la directiva de la asociación de padres de este colegio,nos ha parecido, desde el primer momento que nos han comunicado estas mejoras del patio para el disfrute de los niños,muy buenas, y por eso hemos participado y colaborado económicamente para la colocación y pintura del rocodromo asi como aportando ideas para nuevas mejoras.
    Siempre estaremos a disposición del colegio y por supuesto de los socios de esta asociación para que el lugar donde pasan más tiempo nuestros hijos sea "el mejor".

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola
      Como xa mencionei no Abalar enviado ás familias, pídovos desculpas por non citar a vosa colaboración económica na instalación do rocódromo. Sen ela resultaría imposible ter levado a cabo esta mellora. Grazas ademais por esta sempre dispostos a involucrarvos e participar nas actividades e iniciativas que se propoñen desde o colexio. Un saúdo e, de novo, desculpas.

      Eliminar

Gracias por tu comentario