O vindeiro luns 23 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizará unha saída educativa para percorrer a etapa do Camiño de Santiago que une Melide con Arzúa (14,5 km). Nos próximos días ofreceremos máis información sobre esta actividade de xeito máis detallado. Pero antes consideramos que pode resultar interesante realizar unha pequena preparación ou adestramento previo durante estas semanas previas para que nos resulte máis doado acadar o noso obxectivo o día da excursión. Por isto ofrecemos a posibilidade de que completedes en familia algunha das rutas que detallamos a continuación. Trátase de un total de 5 rutas urbanas e fóra da cidade que están clasificadas con distintos graos de dificultade en función, principalmente, das distancias a percorrer, xa que o desnivel en todas elas non é pronunciado e apenas presentan dificultade técnica. Ademais na ficha de cada unha tedes unha enlace para poder seguir fácilmente a ruta co voso teléfono móbil a través da app Wikiloc. Pulsando a opción Ver en Scribd teredes a posibilidade de descargar todo o documento.
Por suposto, podedes realizar as rutas que se propoñen, algunha similar ou outras que vos coñezades. De calquera xeito, se vos animades a realizar algunha ruta ou rutas en familia podedes enviar un correo á dirección edufanxo@gmail.com indicando no asunto Familia Apelido1 Apelido2 comentando a ruta que escollichedes, que vos pareceu e achegando algunha foto e vídeo da mesma. Coas imaxes e/ou vídeos realizaremos un vídeo resumo da actividade.
Esta iniciativa está orientada ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, pero invitámosvos a participar a todos e todas adaptando as rutas ás posibilidades dos vosos fillos/as. Non o dubidedes e animádevos a participar!
Rutas en Familia by Gerar Parrado on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario