xoves, 4 de xuño de 2026

Peregrinos por un día

 O pasado luns 18 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazaouse ata Melide para completar un tramo do Camiño Francés que une esta localidade con Ribadiso. A climatoloxía foi perfecta para esta actividade ó longo da mañá e puidemos completar a etapa de algo máis de 10 km no tempo do previsto chegando á área fluvial de Riabdiso ás 14:00. Alí realizamos o xantar e posteriormente nos desprazamos a Santiago de Compostela para visitar os arredores da catedral e dispor de algo de tempo libre. 

Premendo na imaxe podedes acceder a un vídeo que resume esta xornada de actividade física e convivencia.



sábado, 30 de maio de 2026

Comezo do II Torneo de Salto de Comba

 A principios de maio deu comezo o II Torneo Salto de Comba do Anxo que xa se atopa na súa recta final. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 5 roldas de salto de 1 minuto onde a coordinación entre os membros de grupo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes dalgúns dos enforntamentos.

II Torneo Salto de Comba

martes, 19 de maio de 2026

Os nosos Patios Dinámicos

Un curso máis volve o Anxogamos, unha proposta que busque ofrecer posibilidades de ocio para todo a alumnado durante o tempo de recreo. Desta vez decidimos introducir pequenos cambios na nosa forma de organizalo e extender esta actividade tamén á primeira quenda de recreo. Así os luns e mércores, no caso do 1º ciclo e Infantil, e martes e venres, no caso de 2º e 3º ciclo, os nenos/as poden escoller entre os distintos xogos ofertados (que varían cada 2 semanas) coordinados por un dos mestres/as participantes no proxecto. Deixamos a continuación tanto os carteis que resumen o funcioamento desta actividade como un pequeno vídeo con imaxes dos primeiros xogos propostos.


Funcionamento de Anxogamos
Anxogamos 2526

venres, 8 de maio de 2026

As nosas merendas saudables

 Unha das actividades da nosa Semana Saudable realizada durante o pasado mes de abril consistiu na elabroación de receitas saudables para as nosas merendas dos recreos. Algúns dos vosos fillos/as inl¡cluso trouxeron esta merenda o venres para desfrutar dela durante o tempo de patio. Con as receitas entregadas polo alumnado realizamos un libro que compartimos con todo vós. esperamos que vos guste e poidades sacar ideas para as vosas merendas saudables.

domingo, 26 de abril de 2026

Resumo da Semana Saudable 25-26

Deixamos a continuación un vídeo onde resumimos con imaxes as distintas actividades realizadas ó longo da nosa Semana saudable. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Semana Saudable 25-26

domingo, 12 de abril de 2026

Volve a nosa Semana Saudable!

 Entre o 13 e o 17 de abril celebraremos de novo a nosa Semana Saudable para tratar de concienciar ó noso alumando da importancia de manter uns hábitos de vida saudables no referido a actividade física, alimentación e saúde mental. Deixamos un gráfico co resumo das actividades que realizaremos ó longo desta semana.

Semana Saudable 2526

sábado, 11 de abril de 2026

Movémonos en familia

  Como parte da nosa Semana Saudable ofrecemos unha actividade para realizar fóra do horario lectivo. Trátase da posibilidade de que completedes en familia algunha das rutas que detallamos a continuación. Son un total de 5 rutas urbanas e fóra da cidade que están clasificadas con distintos graos de dificultade en función, principalmente, das distancias a percorrer, xa que o desnivel en todas elas non é pronunciado e apenas presentan dificultade técnica. Ademais na ficha de cada unha tedes unha enlace para poder seguir fácilmente a ruta co voso teléfono móbil a través da app Wikiloc. Pulsando neste enlace podedes ver o documento:

RUTAS EN FAMILIA

 Por suposto, podedes realizar as rutas que se propoñen, algunha similar ou outras que vos coñezades. De calquera xeito, se vos animades a realizar algunha ruta ou rutas en familia podedes enviar un correo á dirección edufanxo@gmail.com indicando no asunto Familia Apelido1 Apelido2 comentando a ruta que escollichedes e achegando algunha foto en familia durante un momento da mesma. Se podedes empregade unha app que recolla o percorrido realizado nun mapa e enviade tamén unha captura de pantalla da ruta. Coas imaxes que nos cheguen realizaremos un mural que colocaremos no hall de entrada do cole. O prazo para o envío destes correos remata o 26 de abril.

Invitámosvos a participar a todos e todas adaptando as rutas ás posibilidades dos vosos fillos/as. Non o dubidedes e animádevos a participar!