Esta semana rematou o II Torneo de Salto de Comba do Anxo no que tomaron parte arredor de 60 nenos/as de 3º a 6º de Primaria repartidos en 5 equipos para o torneo de 2º ciclo e 6 para o torneo de 3º ciclo. Foron máis de 2 meses de competición durante os recreos nas que o traballo en equipo resultou fundamental para conseguir superar ós adversarios. Finalmente resultaron gañadores os equipos de Los Ballena no torneo do máis pequenos e Los Grillos no campionato dos maiores do cole. Deixamos os podiums cos 3 primeiros clasificados en cada categoría.
luns, 6 de xullo de 2026
venres, 26 de xuño de 2026
Sen perder o rumbo
O pasado mércores 17 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha carreira de orientación no Parque de Eirís. Nesta actividade o alumnado organizado en parellas tivo que buscar, axudado dos seus mapas correspondentes, as balizas ubicadas en distintas zonas do parque. Con maior ou menor axuda, todos os nenos/as foron capaces de localizar todas as balizas e completar o percorrido. Esta actividade puido levarse a cabo grazas á colaboración de Julio, Sara, Mónica. Elisabeth e Juan Carlos nais, irmán e pais que se ofreceron para axudar na actividade. A súa labor delimitando o percorrido e aconsellando ós nenos/as durante a actividade resultou fundamental para que todo se desenvolvese segundo o previsto. . Deixamos fotos da xornada que esperamos que vos gusten.
xoves, 4 de xuño de 2026
Peregrinos por un día
O pasado luns 18 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazaouse ata Melide para completar un tramo do Camiño Francés que une esta localidade con Ribadiso. A climatoloxía foi perfecta para esta actividade ó longo da mañá e puidemos completar a etapa de algo máis de 10 km no tempo do previsto chegando á área fluvial de Riabdiso ás 14:00. Alí realizamos o xantar e posteriormente nos desprazamos a Santiago de Compostela para visitar os arredores da catedral e dispor de algo de tempo libre.
Premendo na imaxe podedes acceder a un vídeo que resume esta xornada de actividade física e convivencia.
sábado, 30 de maio de 2026
Comezo do II Torneo de Salto de Comba
A principios de maio deu comezo o II Torneo Salto de Comba do Anxo que xa se atopa na súa recta final. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 5 roldas de salto de 1 minuto onde a coordinación entre os membros de grupo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes dalgúns dos enforntamentos.
martes, 19 de maio de 2026
Os nosos Patios Dinámicos
Un curso máis volve o Anxogamos, unha proposta que busque ofrecer posibilidades de ocio para todo a alumnado durante o tempo de recreo. Desta vez decidimos introducir pequenos cambios na nosa forma de organizalo e extender esta actividade tamén á primeira quenda de recreo. Así os luns e mércores, no caso do 1º ciclo e Infantil, e martes e venres, no caso de 2º e 3º ciclo, os nenos/as poden escoller entre os distintos xogos ofertados (que varían cada 2 semanas) coordinados por un dos mestres/as participantes no proxecto. Deixamos a continuación tanto os carteis que resumen o funcioamento desta actividade como un pequeno vídeo con imaxes dos primeiros xogos propostos.
venres, 8 de maio de 2026
As nosas merendas saudables
Unha das actividades da nosa Semana Saudable realizada durante o pasado mes de abril consistiu na elabroación de receitas saudables para as nosas merendas dos recreos. Algúns dos vosos fillos/as inl¡cluso trouxeron esta merenda o venres para desfrutar dela durante o tempo de patio. Con as receitas entregadas polo alumnado realizamos un libro que compartimos con todo vós. esperamos que vos guste e poidades sacar ideas para as vosas merendas saudables.
domingo, 26 de abril de 2026
Resumo da Semana Saudable 25-26
Deixamos a continuación un vídeo onde resumimos con imaxes as distintas actividades realizadas ó longo da nosa Semana saudable. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!
martes, 14 de abril de 2026
Actividades de aula de Nutriescolas
Dentro do Proxecto Nutriescolas inclúense actividades de aula para que o alumnado investigue sobre distintos aspectos realacionados coa aliamnetación saudable. Neste presentamos unha actividade realizada por alumnado de 5º e 6º de Primaria na que a través dun entretido Kahoor deben aprender a diferenciar o nivel de procesamento que teñen algíns dos produtos que habitualmente atopan no supermercado.
domingo, 12 de abril de 2026
Volve a nosa Semana Saudable!
Entre o 13 e o 17 de abril celebraremos de novo a nosa Semana Saudable para tratar de concienciar ó noso alumando da importancia de manter uns hábitos de vida saudables no referido a actividade física, alimentación e saúde mental. Deixamos un gráfico co resumo das actividades que realizaremos ó longo desta semana.
sábado, 11 de abril de 2026
Movémonos en familia
Como parte da nosa Semana Saudable ofrecemos unha actividade para realizar fóra do horario lectivo. Trátase da posibilidade de que completedes en familia algunha das rutas que detallamos a continuación. Son un total de 5 rutas urbanas e fóra da cidade que están clasificadas con distintos graos de dificultade en función, principalmente, das distancias a percorrer, xa que o desnivel en todas elas non é pronunciado e apenas presentan dificultade técnica. Ademais na ficha de cada unha tedes unha enlace para poder seguir fácilmente a ruta co voso teléfono móbil a través da app Wikiloc. Pulsando neste enlace podedes ver o documento:
Por suposto, podedes realizar as rutas que se propoñen, algunha similar ou outras que vos coñezades. De calquera xeito, se vos animades a realizar algunha ruta ou rutas en familia podedes enviar un correo á dirección edufanxo@gmail.com indicando no asunto Familia Apelido1 Apelido2 comentando a ruta que escollichedes e achegando algunha foto en familia durante un momento da mesma. Se podedes empregade unha app que recolla o percorrido realizado nun mapa e enviade tamén unha captura de pantalla da ruta. Coas imaxes que nos cheguen realizaremos un mural que colocaremos no hall de entrada do cole. O prazo para o envío destes correos remata o 26 de abril.
Invitámosvos a participar a todos e todas adaptando as rutas ás posibilidades dos vosos fillos/as. Non o dubidedes e animádevos a participar!
Os mestres e mestras rétante. Aceptas o desafío?
Algúns dos mestres do cole propoñémosvos varios retos que podedes intentar superar durante os recreos da nosa Semana Saudable. Só tedes que ver o vídeo, escoller os retos que prefirades e esforzarvos por acadar a marca establecida para o voso curso. Iso si, debedes buscar a un compañeiro/a que faga de observador e "certifique" que superáchedes o reto e así optar ó pequeno agasallo que están a elaborar os nenos/as de 5º e 6º de Primaria.
Anímadevos a participar!
mércores, 1 de abril de 2026
Remate do VI Torneo de Datchball do Anxo
Despois de casi 3 meses de competición o VI Torneo de Datchball do Anxo chegou o seu fin. Durante os recreos de martes e xoves disputáronse máis de 50 partidos entre os equipos formados por alumnos/as de 3º a 6º de Primaria. A deportividade reinou na maior parte deles sendo o propio alumnado o que se encargaba de arbitrar e xestionar as actas dos partidos. Deixamos a continuación os carteis colocados no patio do cole cos equipos que ocuparon as primeiras posicións ó remate deste campionato.
domingo, 22 de marzo de 2026
Aprendemos a alimentarnos co Prato de Harvard
Este curso continuamos a participar no Programa Nutriescolas co obxectivo de fomentar hábitos de alimentación saudables entre alumnado e familias do noso centro. Desde principio de curso puxemos en marcha as nosas merendas saudables e durante os mes de de marzo nas sesións de EF realizamos diversas actividades para distinguir os produtos procesados que podemos atoparnos cando mercamos no supermercado así de como podemos elaborar menús saudables co Prato de Harvard.
domingo, 15 de marzo de 2026
Inicíamonos no ioga
Durante as últimas dúas semanas todo o alumnado do cole puido disfrutar dunha sesión de ioga impartida por Dani e Laura, pai e nai de dúas alumnas do noso centro e que imparten esta disciplina na escola YogaCoruña ubicada no noso barrio. Os nenos/as pasárono en grande e aprenderon novas actividades e xogos coas que adquirir o control e dominio do seu propio corpo a través de diversas posturas, rutinas e técnicas de relaxación. Esta actividade forma parte do noso Plan de Vida Activa e Deportiva e ten como obxectivo ofrecer ós vosos fillos e fillas diversas formas de actividade física dentro da nosa contorna cercana coa que poder encher o seu tempo de ocio e lecer. Deixamos un vídeo con algunhas imaxes destas sesións.
Fase Zonal do Cros Escolar 2025-2026
O pasado venres 27 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso colexio participou xunto con outros centros da zona de Cambre e Coruña na carreira de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Programa XOGADE no que estamos inscritos como parte do noso PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva).
O evento tivo lugar no complexo deportivo de Acea de Ama onde se delimitaron percorridos adaptados a cada unha das categorías que ían a participar. Foi unha mañá chea de diversión, nervios, esforzo e superación para os vosos fillos e fillas xunto con outros nenos e nenas da súa idade. Ademais de todo isto acadamos medalla individual na categoría benxamín masculina (2º e 3º de Primaria) por quedar clasificados en 3º lugar e o que fai que Javi A. de 3º de Primaria pase a participar na fase provincial que terá lugar en Negreira.
Deixamos un vídeo acon algunhas fotos desta xornada.
