Como parte da nosa Semana Saudable ofrecemos unha actividade para realizar fóra do horario lectivo. Trátase da posibilidade de que completedes en familia algunha das rutas que detallamos a continuación. Son un total de 5 rutas urbanas e fóra da cidade que están clasificadas con distintos graos de dificultade en función, principalmente, das distancias a percorrer, xa que o desnivel en todas elas non é pronunciado e apenas presentan dificultade técnica. Ademais na ficha de cada unha tedes unha enlace para poder seguir fácilmente a ruta co voso teléfono móbil a través da app Wikiloc. Pulsando neste enlace podedes ver o documento:
Por suposto, podedes realizar as rutas que se propoñen, algunha similar ou outras que vos coñezades. De calquera xeito, se vos animades a realizar algunha ruta ou rutas en familia podedes enviar un correo á dirección edufanxo@gmail.com indicando no asunto Familia Apelido1 Apelido2 comentando a ruta que escollichedes e achegando algunha foto en familia durante un momento da mesma. Se podedes empregade unha app que recolla o percorrido realizado nun mapa e enviade tamén unha captura de pantalla da ruta. Coas imaxes que nos cheguen realizaremos un mural que colocaremos no hall de entrada do cole. O prazo para o envío destes correos remata o 26 de abril.
Invitámosvos a participar a todos e todas adaptando as rutas ás posibilidades dos vosos fillos/as. Non o dubidedes e animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario