mércores, 20 de setembro de 2023

No recreo xogamos todas e todos!

A vindeira semana comezarán os patios dinámicos para Infantil e Primaria dando continuidade ó proxecto de centro comezado xa fai dous cursos. A través deste proxecto, tendo en conta a opinión de mestras e mestres, alumnado e familias, intentamos crear distintas zonas de actividade para atender ós diferentes gustos e intereses dos nenos/as durante os tempos de recreo, de xeito que todas e todos teñan a oportunidade de divertirse e participar deste tempo de lecer. Con esta intención o patio divídese, tanto na primeira quenda (Infantil, 1º e 2º) como na segunda quenda (3º.6º Primaria), en diversas zonas de actividade e lecer.

Neste enlace podedes acceder a unha táboa coa organización dos espazos que se describen con máis detalle a continuación.

Táboa resumo coa organización de espazos nos recreos

Parte inferior (pista)

Nesta zona damos preferencia a xogos máis activos:

Zona 1: 
1ª quenda: patinetes e bicis sen pedais
2º quenda: xogos raqueta e puntería. Nesta zona se disputarán tamén os torneos que se organicen ó longo do curso: datchball, pinfuvote, salto de corda...
Zona 2: 
Tanto na 1ª como na 2ª quenda será zona para o fútbol usando as porterías portátiles. Tendo en conta o espazo reducido organizamos quendas de xogo para cada grupo. O venres é "día sen fútbol".
Zona 3: 
zona con 4 canastras de distintas alturas para xogar a baloncesto.
Zona 4: 
Na 1º quenda haberá xogos simbólicos (cociñas, vehículos...) e construcións e ademais tanto nesta quenda como na 2º colocaremos un altofalante portátil para escoitar música e bailar.

Parte superior do patio

Nesta zona teñen lugar os xogos máis "tranquilos" ou que requiren menos desprazamentos:

Zona5: 

Cercana ás escaleiras de subida será a zona creativa, do horto e xogos populares. Pouco a pouco estamos  acondicionando a zona (a través do pintado especialmente) para favorecer o xogo e desfrute dos vosos fillos/as. Ademais nesta zona pódense empregar materiais como cordas, gomas elásticas, peóns ou zancos.

Zona 6: 

Zona de xogos infantís, bancos e rocódromo.

O alumnado dos cursos superiores será o encargado de xestionar, repartir e recoller o material.

A medida que avance o curso iremos observando e avaliando as necesidades do patio ademais de introducir novas actividades e materiais que poidan ser empregados pola rapazada neste tempo de lecer.

Deixamos a continuación a cartelería que empregaremos no patio para delimitar zonas de xogo e clarificar normas de uso e funcionamento.


Zonas patio 23-24

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario