mércores, 20 de setembro de 2023

Merendas Olímpicas

 Un curso máis damos comezo ás nosas merendas saudables dando continuidade a un proxecto que forma parte do noso Plan de Vida Activa e Deportiva e que, desde o curso pasado coa implantación da LOMLOE, tamén forma parte do Plan de Vida Activa e Hábitos Saudables que esta lei educativa introduce en todos os centros públicos. Con este proxecto buscamos fomentar hábitos de alimentación saudable no momento das merendas da mañá ademáis de reducir a xeración de envoltorios plásticos e envases optando por alimentos máis naturais e evitando a opción de alimentos procesados.

Calendario de merendas

O calendario de merendas mantense igual que en cursos anteriores:

Aclarar que os zumes "non contan como froita" e que ésta é "comodín" e pode traerse calquera día. Ademais, podedes acompañar estas opcións con outros alimentos sempre intentando que sexan saudables (paiños de pan, tortas de millo, tortas de arroz, froitos secos con coidado de posibles alerxias...).

Funcionamento das Merendas Olímpicas

Durante este curso, tendo en conta que no centro teremos como eixo temático os Xogos Olímpicos, enfocaremos as merendas dun xeito máis lúdico. Cada día que o grupo cumpra de forma maioritaria (permitimos ata 5 "faltas" de merenda) co calendario de merendas saudables obterá un punto. Cada 10 puntos o grupo terá dereito a un cromo que se corresponde co cartel ou logo dalgúns dos Xogos Olímpicos celebrados ó longo da historia e que pegarán no álbum olímpico da clasepoidendo así coñecer os datos máis curiosos desa edición. 

Ademais cando consigan 6 cromos accederán a unha recompensa colectiva que deberán "negociar" coa súa titora ou titor: algúns minutos máis de recreo, visita á biblioteca ou sala de informática, xogos na aula...

Deixámosovos unha pequena presentación do material que empregaremos nas merendas deste curso: instrucións para o alumnado, calendario de merendas e álbum de aula.

Copia2 de Álbum JJOO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario