Os primeiros exercicios que aparecen "simulan" saltos de comba que aprendimos no 1º trimestre (sobre todo de 3º a 6º de Primaria), se tedes a sorte de ter corda na casa, espazo suficiente e, or suposto, vos dan permiso, podedes probar a facelos coa comba. A continuación móstranse exercicios de coordinación sinxelos. Por último veredes exercicios que son variantes máis "esixentes" dalgúns que aparecen no primeiro vídeo.
Podedes continuar coa primeira rutina, cambiala por ésta, unir as dúas ou mezclar exercicios. Sempre intentando facer 3 roldas de 5-8 exercicios sen descanso e parando 2-3 minutos entre cada rolda.
Recordade, sobre todo os máis maiores, facer mobilidade articular antes de comezar (nocellos, xeonllos, cadeiras, ombros e pescozo) e estiramentos dos músculos máis empregados durante o exercicios ao rematar (xemelgos, cuádriceps, isquitibiais, tríceps, deltoides). Se tedes algunha dúbida podedes deixala por escrito nos comentarios a esta entrada e tentarei responder o máis rápido posible.
Nos próximos días aparecerán novas propostas de retos e actividades relacionadas con hábitos saudables. Un saludo e moito ánimo para todos e todas!
Hola, por que canal te enviamos los videos?¿?
ResponderEliminarMoi boas. Sería á conta de correo electrónico que se creou para esta ocasión e que vos enviei a semana pasada. Mañá vola envío de novo a través dun aviso en Abalar. Un saúdo.
ResponderEliminarHola. El mensaje de abalar donde se indicaba tu correo electrónico ha desaparecido, podrías volver a enviarlo? Soy la madre de Lucía López Ferro de 3°. Gracias
ResponderEliminar