luns, 27 de abril de 2020

Día da Educación Física na Casa

O martes 28 de abril estaba previsto celebrar o "Día da Educación Física na Rúa" en toda España. Trátase dunha actividade na que o noso cole estaba inscrito e que está pensada para dar visibilidade á E. Física e valorar a importancia que esta área debe ter dentro do sistema educativo. Obviamente non se poderá celebrar como se viña facendo nos últimos anos polo que os distintos Colexios de EF (COLEF) de tódalas comunidades autónomas ofrecen unha alternativa para convertir esta celebración no "Día da EF na Casa". Esta alternativa consiste no seguinte:

1) Hoxe luns 27 de abril ou mañá pola mañá, se o desexades, podedes enviar unha FOTO vosa realizando algunha actividade propia das clases de EF: correndo, facendo unha voltereta, roda lateral, "pino", botando unha pelota, conducindo unha pelota co pé, facendo un lanzamento a canastra, bailando... en fin, o que se vos ocurra. Pode sair toda a familia!
Se podedes (non é obrigatorio) mostrade (nun folio) a imaxe oficial do #DEFC2020 que é esta:


Debedes enviar a foto á conta de correo de EF mencionada no aviso de Abalar indicando no asunto DEFC2020.
Con esas fotos, se temos suficientes, faremos un mosaico que ademais de colgar no blogue e páxina web do colexio enviaremos ao COLEF Galicia para que saiban da nosa participación nesta iniciativa. Tendo en conta este último aspecto, se preferides que aos vosos fillos e fillas non se lles vexa a cara, podedes sacar unha foto de costas por exemplo.
Ademais se os pais e nais, de forma particular, queredes subir a foto nas vosas redes sociais (Twitter, Instagram, Facebook...)  podedes facelo incluindo o hashtag #DEFC2020 e facendo mención ao CEIPP Anxo da Garda no texto.
Por último dicirvos que tamén como parte da celebración deste día poderedes desfrutar dunha clase on line de EF orientada a Primaria a cargo da mestra Josune Rodríguez-Negro. A partir das 10:00 da mañá do martes 28 na canle de Youtube do Consello COLEF

2 comentarios:

  1. Aun estamos a tiempo de mandar la foto o video???? Esq hasta hoy no pude imprimir el cartel ya q no tenemos ordenador en casa

    ResponderEliminar
  2. Si, podedes mandar a foto. E o cartel non é obrigatorio, se podedes ben, se non, non pasa nada. Mañá montarei o collage con tódalas fotos.Un saúdo.

    ResponderEliminar

Gracias por tu comentario