Para esta última proposta do curso feita de forma conxunta desde o área E. Física e E. Artística tomamos como referente a actividade "Bike and Paint" do mestre do de EF David Cañada. Trátase dunha actividade que pretende fomentar a mobilidade activa ao tempo que desenvolvemos a nosa creatividade e competencia artística.
En que consiste PaseArte?
Consiste en realizar un debuxo sobre o mapa do teu barrio ou doutros barrios de Coruña mentres te moves camiñando, correndo, en patinete, bicicleta... Para iso non usarás papel e lapis, senón que faras o teu debuxo coa axuda dalgunha App para o móbil (que comentaremos máis abaixo) dalgún familiar adulto. Este é un exemplo do resultado que se podería obter:
Instrucións a seguir
1. Antes do paseo sería recomendable utilizar un plano de Coruña ou do teu barrio para planificar o percorrido que debes facer para conseguir o debuxo que te propoñas. Observa as rúas polas que tes que ir, cambios de dirección... Podes aproveitar ademais para repasar o vocabulario en inglés sobre a cidade: https://musicoresblog.wordpress.com/2020/06/07/english-vocabulary-the-city/
2. O adulto que te acompañe debe descargar no móbil unha aplicación gratuita das que se usan normalmente para rexistrar adestramentos correndo ou en bicicleta: Endomondo, Strava, Runtastic ou calquera outra que coñezades que a través do GPS vos facilite a ruta realizada ao rematar o percorrido.
3. Para realizar o paseo debes ir a pé, camiñando ou correndo, ou empregar un medio de transporte activo: patinete (eléctrico non vale), patíns ou bicicleta por exemplo.
4. O debuxo será realizado nun so paseo. Non vale sumar varios paseos en distintos días. Podes parar durante o paseo cando o necesites e podes facer varios paseos se o resultado non é o esperado ou se queres enviar varios debuxos.
5. Respeta tódalas normas de circulación durante o teu paseo e ten precacución se tes que consultar o móbil durante o mesmo. A mellor opción é parar, consultar o móbil para seguir pola ruta desexada, e continuar.
6. Cando remates o paseo facede unha captura de pantalla no móbil onde se vexa o traxecto realizado e polo tanto a vosa "obra de arte".
7. Enviade esa imaxe coa captura de pantalla aos correos edufanxo@gmail.com e andreamusica1617@gmail.com para que tanto a mestra Andrea, na parte artística, coma eu, na parte de esforzo e actividade física, valoremos o voso traballo. Ademais tamén podedes enviar un "selfie" ou foto onde se aprecie en que medio de transporte e con quen realizachedes o paseo. No ASUNTO do correo indicade PASEARTE NOME e CURSO. A data límite para enviar os vosos traballos é o martes 16 de xuño.
CONSELLOS PRÁCTICOS
- Non hai un mínimo de distancia pero canto máis largo sexa o paseo e as liñas máis longas, máis sinxelo será apreciar o debuxo que realizades.
- Podedes debuxar o que queirades pero en caso de dúbida é preferible optar por figuras máis simples e fácilmente recoñecibles.
- É moi importante preparar o debuxo previamente na casa sobre un plano para despois ter claro cal é a ruta a seguir.
Finalmente, aquí vos deixamos outros resultados, por si vos serven de inspiración, compartidos en Twitter polo mestre @MiguelCambro tras realizar unha actividade moi similar a esta co seu alumnado de Primaria:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario