venres, 21 de outubro de 2022

Aprendendo a salvar vidas

 Esta semana tivemos a sorte de poder contar coa colaboración de Santiago Martínez Isasi un dos coordinadores do Proxecto ANXOS (Adestrando Nenos e Xóvenes en Salvar vidas) para realizar unha sesión na que aprendimos como reaccionar ante unha situación de emerxencia que se pode dar na nosa casa. En concreto o alumnado desde 5 anos hasta 6º de Primaria aprendeu a reaccionar ante unha situación de emerxencia na que se poidan atopar sós na casa co adulto que está ó seu cargo desvanecido no chan. Os más pequenos adquiriron os coñecementos necesarios para poder avisar ó servizo de emerxencias (112) e contestar adecuadamente ás súas preguntas. Os maiores (de 4º a 6º) practicaron ademais  a maniobra de RCP empregando maniquís de simulación. Foi una experiencia sen dúbida moi enriquecedora e que intentaremos que se repita en vindeiros cursos. Deixamos algunha imaxe da actividade. 


Primeiros Auxilios 22