O pasado luns 21 de maio os cursos de 5º e 6º de Primaria desprazáronse a Melide coa intención de realizar a etapa do Camiño de Santiago que une esta localidade con Arzúa. O plan inicial non puido ser levado a cabo por mor da insistente choiva que tivemos ao longo da mañá. Foi unha mágoa, xa que tanto alumnado como mestres tiñamos moitas ganas de desfrutar desta etapa e desta excursión de fin de curso despois dun ano tan "complicado". Tivemos que optar por un plan "B" que consistiu en percorrer unha pequena distancia a pé, almorzar no pavillón municipal de Arzúa (grazas á colaboración do Concello) e organizar unha rápida visita o MUPEGA de Santiago. Tralo xantar puidemos dar un pequeno paseo pola praza do Obradoiro e a Alameda. Deixamos algunhas fotos desta xornada.