mércores, 20 de novembro de 2019
Quecemento Carreira Solidaria
Como xa sabedes, a celebración da Carreira "Kilómetros de Solidariedade" planificada para hoxe tivo que ser posposta por mor da previsión de choiva. Como "non hai mal que por ben non veña", decidimos aproveitar estos días de máis que temos ata a celebración da mesma para crear un sinxela coreografía que nos sirva de quecemento colectivo o día da carreira. Para poder practicar nas vosas casas deixámosvos un vídeo que poido ser realizado gracias a colaboración de Andrea, profe de música, e varios nenos e nenas de 6º de Primaria. Esperemos que vos guste.
luns, 11 de novembro de 2019
Carreira "Kilómetros de Solidariedade"
O próximo mércores 20 de novembro coincidindo coa conmemoración do Día Universal do Neno os alumnos/as do Anxo participarán por primeira vez na Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos coa axuda de Protección Civil no Parque de Eirís. Nesta edición os fondos recadados polos colexios participantes de toda España irán destinados a mellorar as "infrahumanas condicións de vida" dos máis de 6.000 nenos e nenas da etnia Rohingya que viven hacinados en campos de refuxiados ao norte de Myanmar (antigua Birmania). Neste enlace podes consultar máis información sobre a súa situación e sobre como intentaremos aportar un pequeno grao de area para axudalos:
Ao ser a primeira vez que realizamos esta actividade consideramos importante explicar detalladamente o funcionamento da carreira xa que vos (pais, nais, avós, avoas, tíos, tías...) sodes unha parte importante da mesma.
Como funciona a carreira?
- Busca de “patrocinadores”.
Ao longo destes días os vosos fillos levarán a casa un carnet
de corredor para conseguir “patrocinador” ou “patrocinadores”
entre a súa familia ou amigos adultos. O patrocinador escribe o seu nome no carnet e a cantidade de euros ou céntimos de euro
que se compromete a aportar por cada volta dada ao percorrido. Una vez cumplimentado o carnet levarase de novo ao cole xa que é necesario para o día da carreira.
- Celebración da carreira.
O mércores 20 de novembro ás 11:30 todo o cole desplazarase ao Parque de Eirís e alí celebraremos a carreira. Só participarán os alumnos/as de Educación
Primaria, pero os nenos/as de Educación Infantil estarán
presentes para animar e apoiar aos “maiores”. Nos organizaremos
por turnos e en cada turno participará cada unha das clases, correndo ou camiñando en función das posibilidades de
cada neno durante 2 minutos aproximadamente.
Deste xeito calculade que o máximo número de voltas que
pode dar o voso fillo/a sexa de 2-3 no caso dos máis pequenos ou 4-6 no caso dos maiores. En función disto podedes decidir a pequena cantidade que queredes aportar.
Trala carreira os mestres anotaremos as voltas que fixo cada neno/a no seu carnet de corredor e entregarémosllo para que o leven a casa. Tamén recibirán un diploma que acredita a súa participación na carreira.
- Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
Os nenos/as levarán o carnet a súa casa e solicitará o diñeiro “pactado”
previamente. Así, se por exemplo o avó prometera 0,50 céntimos por
volta e a su neta realizou 2 voltas terá que entregar 1 euro.
O diñeiro se traerá nun sobre pechado ao colexio.
MOI IMPORTANTE: POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN O DIÑEIRO SÓ SE PODRÁ
TRAER AO COLEXIO ENTRE
O 25 E O 29 DE NOVEMBRO(AMBOS INCLUSIVE). ANTES E DESPOIS DESA DATA OS MESTRES NON RECOLLERÁN NINGÚN SOBRE CON DIÑEIRO.
Aquí faremos a recadación e farémola chegar a “Save the Children” que á súa vez enviará un diploma ao centro que o acredite como
participante no proxecto “Kilómetros de Solidariedade”.
Se queredes consultar máis cousas sobre este proxecto solidario podedes
acceder a este enlace:
Agradecemos de antemán a vosa colaboración por pequena que poida parecer e recordade que cun pequeno “grao de area” entre
todos podemos axudar aos que máis o necesitan.
mércores, 6 de novembro de 2019
Recreos activos e comezo da liga de Datchball
Ao longo das últimas semanas estivemos recollendo a opinión do alumnado acerca dos cambios, melloras ou propostas que lles gustaría aportar a organización dos nosos patios para este curso coa intención deque todos os nenos e nenas poidan desfrutar ao máximo dos mesmos. Coas súas aportacións e coas de todo o claustro decidimos introducir varias iniciativas que terán efecto a partir do próximo luns 11 de novembro, entre elas : máis material e máis variado, zonas delimitadas de xogos ou torneos deportivos entre os distintos cursos. Con respecto a esta última iniciativa o luns comezarán as ligas de Datchball para os nenos de 3º a 6º de Primaria. Nas clases de E.F. estivemos a practicar este deporte alternativo creado por un mestre zaragozano e que xa desde fai varios anos está prácticamente extendido por toda España. Aquí vos queda un vídeo onde se fala da sua orixe, os valores que aporta e do seu reglamento:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)