mércores, 25 de marzo de 2020

Novas opcións para a vosa rutina

Entramos na segunda semana de "permanencia na casa" e por se algún dos que estades a seguir unha rutina de exericios (espero que sexades a maioría) queredes engadir novas actividades deixovos a continuación un novo vídeo.
Os primeiros exercicios que aparecen "simulan" saltos de comba que aprendimos no 1º trimestre (sobre todo de 3º a 6º de Primaria), se tedes a sorte de ter corda na casa, espazo suficiente e, or suposto, vos dan permiso, podedes probar a facelos coa comba. A continuación móstranse exercicios de coordinación sinxelos. Por último veredes exercicios que son variantes máis "esixentes" dalgúns que aparecen no primeiro vídeo.
Podedes continuar coa primeira rutina, cambiala por ésta, unir as dúas ou mezclar exercicios. Sempre intentando facer 3 roldas de 5-8 exercicios sen descanso e parando 2-3 minutos entre cada rolda.
Recordade, sobre todo os máis maiores, facer mobilidade articular antes de comezar (nocellos, xeonllos, cadeiras, ombros e pescozo) e estiramentos dos músculos máis empregados durante o exercicios ao rematar (xemelgos, cuádriceps, isquitibiais, tríceps, deltoides). Se tedes algunha dúbida podedes deixala por escrito nos comentarios a esta entrada e tentarei responder o máis rápido posible.
Nos próximos días aparecerán novas propostas de retos e actividades relacionadas con hábitos saudables. Un saludo e moito ánimo para todos e todas!

xoves, 19 de marzo de 2020

Outras opcións para estar activos na casa

Aquí van outras opcións para manterse activos durante estes días na casa:

Se vos gusta o BAILE:

- Vídeos en Youtube de Just Dance ou Dance Central. Existen de todo tipo de cancións e niveis de dificultade.
- Vídeos de Zumba Kids (adaptados aos máis péquenos e asequibles para toda a familia).

Para RELAXARSE e traballar a vosa FLEXIBILIDADE:

- Cosmic Kid Yoga: contos e historias para os máis pequenos nas que hai que adoptar distintas posturas de ioga a medida que avanza a historia. Está en inglés pero ten a posibilidade dentro das opcións de Youtube de subtítulos en castelán.
- Smile and Learn: Este canal educativo, entre outras moitas opcións, ofrece a posibilidade de aprender distintas poses do Ioga basadas en diferentes animais. Os nenos de Infantil e de 1º a 4º de Primaria, poden conocer xa algunha porque ás veces realizámolas ao remate das sesións de EF.
- Sesión de Ioga para nenos: Entretido vídeo de 8 minutos de duración que permite realizar una sinxela e divertida sesión de ioga.

Outros XOGOS máis TRADICIONAIS:

- Xogo de puntería caseiro: elabora o teu propio material para este xogo de puntería.
- Xogar ao escondite, "sillas musicais", saltar á comba se hai espazo suficiente, xogar á goma (recordando e rescantando cancións da nosa infancia), carreiras de chapas ou "fútbol chapa", crear e realizar un pequeno circuíto de obstáculos coas cousas que teñamos na casa (cadeiras, cordas, mesas pequenas, coxíns...), xogar a "Paloma blanca, Paloma negra", xogar á "Pita cega" ("gallinita ciega")... en fin calquera tipo de xogo que se poida adaptar a estas circunstancias.
- Xogos con globos: intentar que non caia ao chan entre dúas ou máis persoas, golpear únicamente con certas partesdo corpo (mans, pés, testa...), xogar un partido de "voleibol"...
- Creade os vosos propios "zancos" para xogar e mellorar o voso equilibrio (para os máis pequenos).
- Elaborar bolas de malabares e practicar moitísimo.

Se queredes seguir MANTENDO A FORMA con outras rutinas de exercicios;

- Descargarse e empregar no voso móbil ou tablet a app SWORKIT. Inclúe unha ampla variadade de rutinas de exercicios de distinto tipo e para distintas partes do corpo e unha das súas opcións é ENTRENAMIENTO PARA NIÑOS.

Ánimo e probade as opcións que máis vos gusten.

Algunhas destas recomendacións están sacadas  do blogue http://coneftadosconalvaro.blogspot.com/ 



luns, 16 de marzo de 2020

O Anxo mantense en forma!

Ola familias! Esperamos que na medida do posible a saúde estéavos a acompañar e que levedes a situación de illamento creada polo Estado de Alarma do mellor xeito posible. Como probablemente xa teredes lido en redes sociais ou medios de comunicación, un aspecto importante para afrontar esta situación tan excepcional e crear unha serie de rutinas diarias, especialmente no caso das familias con fillos menores. Dentro das mesmas, que poden incluír as tarefas escolares, tarefas do fogar, ocio... cremos importante engadir un tempo diario adicado ao exercicio físico tendo en conta os beneficios que o mesmo aporta a nivel físico e mental .
Resulta difícil debido á situación dada pero desde o área de EF queremos propoñervos un pequeno reto ou desafío físico en familia. Trátase de completar unha rutina diaria dos exercicios que se amosan no seguinte vídeo e que poden ser realizados nun espacio pequeno sen ningún material adicional, só co voso corpo. Algúns deles soemos facelos nas clases de EF como parte do quecemento polo que os nenos/as (especialmente de 3º a 6º) xa deberían de coñecelos.






Pois ben, o reto consiste en completar cada día 3 roldas de todos estes exercicios atendendo á orde e ao tempo de execución ou repeticións que se indican no vídeo e descansando 2-3 minutos entre cada rolda de exercicios.
Para rexistrar que ides cumprindo o reto, debedes de completar a ficha que se achega a continuación en PDF (podedes imprimila ou copiala a man). Ademais, como dixemos, este reto debedes intentar que sexa en familia, polo que se conseguides que algún familiar se una a vos na execución do mesmo deixádeo rexistrado nesta folla.





Por último, se vos apetece podedes gravarvos co móbil(máximo 10 segundos e en sentido horizontal) mentres realizades esta rutina e envialo á conta de correo que vos facilitamos a través de Abalar. Se temos suficientes vídeos, faremos unha pequena montaxe para demostrar que o Anxo quere manterse en forma tamén fóra do cole. Se tedes algunha dúbida podedes expresala facendo un comentario a esta entrada.

Ao longo destes días propoñeremos outras opcións para manterse en forma na casa. Moito ánimo!