xoves, 18 de xuño de 2020

Feliz e activo verán!

Chegamos ao fin deste estraño curso cun vídeo que recolle os vosos traballos na actividade PaseArte realizada de forma conxunta coa mestra Andrea. Algúns de vós preguntachedes polo vídeo da anterior actividade de expresión corporal. Dicirvos que por algúns problemas técnicos que tiven a semana pasada resultoume imposible montar ese vídeo. Mándovos as miñas desculpas.
Antes de deixar este último vídeo, soamente dicirvos que espero que desfrutasedes das actividades de EF e que teño moitas ganas de que nos volvamos a ver en setembro no cole nas clases de EF. Espero que pasedes un activo e saudable verán! Un saúdo e unha aperta moi grande para todos e todas!


luns, 8 de xuño de 2020

PaseArte

Para esta última proposta do curso feita de forma conxunta desde o área E. Física e E. Artística tomamos como referente a actividade "Bike and Paint" do mestre do de EF David Cañada. Trátase dunha actividade que pretende fomentar a mobilidade activa ao tempo que desenvolvemos a nosa creatividade e competencia artística.

En que consiste PaseArte?

Consiste en realizar un debuxo sobre o mapa do teu barrio ou doutros barrios de Coruña mentres te moves camiñando, correndo, en patinete, bicicleta... Para iso non usarás papel e lapis, senón que faras o teu debuxo coa axuda dalgunha App para o móbil (que comentaremos máis abaixo) dalgún familiar adulto. Este é un exemplo do resultado que se podería obter:



Instrucións a seguir

1. Antes do paseo sería recomendable utilizar un plano de Coruña ou do teu barrio para planificar o percorrido que debes facer para conseguir o debuxo que te propoñas. Observa as rúas polas que tes que ir, cambios de dirección... Podes aproveitar ademais para repasar o vocabulario en inglés sobre a cidade: https://musicoresblog.wordpress.com/2020/06/07/english-vocabulary-the-city/ 


2. O adulto que te acompañe debe descargar no móbil unha aplicación gratuita das que se usan normalmente para rexistrar adestramentos correndo ou en bicicleta: Endomondo, Strava, Runtastic ou calquera outra que coñezades que a través do GPS vos facilite a ruta realizada ao rematar o percorrido.

3. Para realizar o paseo debes ir a pé, camiñando ou correndo, ou empregar un medio de transporte activo: patinete (eléctrico non vale), patíns ou bicicleta por exemplo.

4. O debuxo será realizado nun so paseo. Non vale sumar varios paseos en distintos días. Podes parar durante o paseo cando o necesites e podes facer varios paseos se o resultado non é o esperado ou se queres enviar varios debuxos.

5. Respeta tódalas normas de circulación durante o teu paseo e ten precacución se tes que consultar o móbil durante o mesmo. A mellor opción é parar, consultar o móbil para seguir pola ruta desexada, e continuar.

6. Cando remates o paseo facede unha captura de pantalla no móbil onde se vexa o traxecto realizado e polo tanto a vosa "obra de arte".

7. Enviade esa imaxe coa captura de pantalla aos correos edufanxo@gmail.com e andreamusica1617@gmail.com para que tanto a mestra Andrea, na parte artística, coma eu, na parte de esforzo e actividade física, valoremos o voso traballo. Ademais tamén podedes enviar un "selfie" ou foto onde se aprecie en que medio de transporte e con quen realizachedes o paseo. No ASUNTO do correo indicade PASEARTE NOME e CURSO. A data límite para enviar os vosos traballos é o martes 16 de xuño.

CONSELLOS PRÁCTICOS

- Non hai un mínimo de distancia pero canto máis largo sexa o paseo e as liñas máis longas, máis sinxelo será apreciar o debuxo que realizades.
- Podedes debuxar o que queirades pero en caso de dúbida é preferible optar por figuras máis simples e fácilmente recoñecibles.
- É moi importante preparar o debuxo previamente na casa sobre un plano para despois ter claro cal é a ruta a seguir.

Finalmente, aquí vos deixamos outros resultados, por si vos serven de inspiración, compartidos en Twitter polo mestre @MiguelCambro tras realizar unha actividade moi similar a esta co seu alumnado de Primaria: