luns, 22 de febreiro de 2021

Os Camiños non teñen segredos para o Club CamiñAnxo

 En algo máis dun mes as familias do noso club conseguiron completar as 3 partes galegas dos camiños que estaban planificados para este trimestre: Camiño do Norte, Vía da Prata e finalmente o tradicional Camiño Francés. Moitos camiñachedes o barrio de norte a sur e de este a oeste e tamén boa parte da Coruña: paseo marítimo, zona do parrote, Parque de Bens... 

Como o ritmo non para e ademais estanse a unir máis familias ao clube, decidimos palnificar 3 novos camiños para o que resta de trimestre. Nestes días prepararemos o panel e seguiremos informando dos avances.

Como no caso dos anteriores Camiños deixamos á vosa disposición unha Compostela personalizable para a vosa familia e unha imaxe cos segredos do Camiño Francés que acabamos de completar.

 

mércores, 17 de febreiro de 2021

Finalizada a Vía da Prata!

En apenas 3 semanas  sumando quilómetros e aproveitando os días sen clase do Entrido,  as familias do Club CamiñAnxo conseguimos completar a distancia que separa A Canda, en Ourense, de Santiago de Compostela obtendo así a nosa segunda "Compostela" que acredita que fomos quen de completar a parte galega da Vía da Prata descubrindo ademais os seus segredos e curiosidades. 


Como xa aconteceu co Camiño do Norte, a través do seguinte enlace podedes descargar unha "Compostela" personalizada como recordo da vosa participación neste Camiño xunto a outras familias do cole. 

"Compostela" Vía da Prata personalizable para as familias

Os quilómetros que seguimos a acumular permítennos comezar xa o noso terceiro camiño, o tradicional Camiño Francés que na sú parte galega comeza no Cebreiro. Levamos xa percorridos 103 quilómetros que nos sitúan en Palas de Rei. 

Unha vez máis, agradecemos a vosa participación que vai facer que teñamos que incluir novas rutas para o queda de trimestre. A seguir sumando quilómetros en familia!