En apenas 3 semanas sumando quilómetros e aproveitando os días sen clase do Entrido, as familias do Club CamiñAnxo conseguimos completar a distancia que separa A Canda, en Ourense, de Santiago de Compostela obtendo así a nosa segunda "Compostela" que acredita que fomos quen de completar a parte galega da Vía da Prata descubrindo ademais os seus segredos e curiosidades.
Como xa aconteceu co Camiño do Norte, a través do seguinte enlace podedes descargar unha "Compostela" personalizada como recordo da vosa participación neste Camiño xunto a outras familias do cole.
"Compostela" Vía da Prata personalizable para as familias
Os quilómetros que seguimos a acumular permítennos comezar xa o noso terceiro camiño, o tradicional Camiño Francés que na sú parte galega comeza no Cebreiro. Levamos xa percorridos 103 quilómetros que nos sitúan en Palas de Rei.
Unha vez máis, agradecemos a vosa participación que vai facer que teñamos que incluir novas rutas para o queda de trimestre. A seguir sumando quilómetros en familia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario