venres, 17 de xuño de 2022

Descansos Activos

 Neste terceiro trimestre as mestras de Infantil introduciron os Descansos Activos nas súas clases. Trátase de pausas breves (5 minutos aproximadamente) de actividade física tras períodos prolongados de sedentarismo na aula co doble obxectivo de aumentar a actividade física durante a xornada lectiva de de aumentar e mellorar a concentración da rapazada de cara a unha actividade posterior. Diversos estudios neurocientíficos demostran os beneficios antes citadas de esta iniciativa que intentaremos manter e promover no cole durante o vindeiro curso. En concreto, levamos a cabo os descansos activos a través de 3 opcións: videos curtos da colección "Get Kids Moving" , uso da aplicación "Go Noodle" e o programa de actividades "Dame10" do MECD. Aquí vos deixamos unha pequena mostra cos nenos e nenas de 3 anos:


Descansos Activos

xoves, 16 de xuño de 2022

Adestrando para o Camiño de Santiago

 Fai un par de semanas plantexamos unha actividade, en principio orientada ó alumnado de 5º e 6º de Primaria pero aberta a todos aqueles que quixeran participar, que tiña como obxectivo completar algunha das rutas propostas en Coruña cidade e arredores como preparación para a excursión dos maiores do cole na que terían que percorrer parte da etapa do Camiño de Santiago que une Melide con Arzúa. Algunhas familias animástesvos coas andainas e nos enviachedes algunha foto da vosa ruta en familia. Aquí volas deixamos e, coma sempre, grazas pola vosa participación!

"O Atlántico parte de ti"

 Neste terceiro trimestre o alumnadode 5º e 6º de Primaria participou na actividade deportiva proposta polo Concello "O Atlántico parte de ti". Tratouse dunha aproximación a dous deportes naúticos como son a vela e o windsurf. Ambos grupos desfrutaron durante algo máis de 3 horas desta actividade e da que deixamos algunhas fotografías de 5º de Primaria (no enlace) e de 6º no vídeo que se achega a continuación. 


Vídeo "Atlántico parte de ti" 5º de Primaria

Bo camiño!

 O pasado 30 de maio o alumnado de 5º e 6º dePrimaria desprazouse ata Melide para realizar parte da etapa do Camiño de Santiago que une esta localidade con Arzúa. Tivemos sorte e a climatoloxía foi favorable ó longo da mañá o que nos permitiu completar a etapa planificada de 11 kilómetros aproximadamente en 3 horas e media, incluíndo a parada para a merenda realizada en Boente. De este xeito, chegamos á área fluvial de Ribadiso arredor das 14:00 para xantar e descansar antes de partir no bus rumbo a Santiago de Compostela onde durante un par de horas visitamos a praza do Obradoiro e os seus arredores. Foi un xornada completa que todos desfrutamos e da que vos deixamos un pequeno recordo en forma de montaxe fotográfico. 


Excursion Camiño 5e6