mércores, 21 de decembro de 2022

Coñecendo a escalada

 Para rematar o primeiro trimestre os días 7 e 14 de decembro o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha actividade de iniciación á escalada promovida por AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes) en colaboración co Concello da Coruña. O primeiro día o alumnado de 6º achegouse ás instalacións que esta agrupación ten preto do Parque de Santa Margarita para desfrutar dunha sesión práctica de escalada tras unha breve introdución teórica a este deporte onde tamén se recordarán aspectos importante sobre cuestións técnicas e teóricas. Unha semana máis tarde foi o turno para os nenos e nas de 5º de Primaria que puideron desfrutar dunha sesión idéntica pero esta vez no rocódromo do frontón de Riazor recentemente reformado e ampliado e inaugurado uns días. É dicir, practicamente estrenaron as instalacións que están adaptadas para a práctica das distintas modalidades das que consta este deporte. 

Esta actividade forma parte do noso PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva)  e ten como obxectivo acercar distintas modalidades deportivas ó noso alumnado para que poidan supoñer unha opción saudable para o seu tempo de lecer. Se algún de vós está interesado na práctica habitual deste deporte ou doutros relacionados coa montaña non dubidedes en poñervos en contacto con esta agrupación (AMI) xa que ofertan cursos adapatados á idade dos vosos fillos e fillas. Deixamos a continuación un vídeo con algunhas u¡imaxes da actividade.


Escalada 22-23

venres, 9 de decembro de 2022

Grazas, familias!

 O pasado 25 de novembro celebramos a nsoa cuarta edición da carreira Quilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que este ano pretende recadar fondos para aportar ó Fondo de Emerxencia Internacional usado para axudar a nenos/as e as súas familias es situacións críticas por diversos motivos como poidan ser conflitos bélicos nos seus países de orixe.

Desfrutamos dunha mañá soleada e a celebración da carreira transcurriu sen apenas imprevistos. Ademais, moitas familas estivechedes presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Pero a cousa non quedou aí xa que, un ano máis, o compromiso dos patrocinadores foi innegable como así reflexa a cantidade que entre todos recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira e tamén un enlace ao documento PDF co recibí que nos enviou a ONG "Save the Children" no que se reflexa o ingreso da recadación realizado polo colexio a semana pasada. 





Carreira Soldaria 22-23