venres, 31 de marzo de 2023

Coñecemos o Roller Derby

 Na última semana deste trimestre os dous grupos de 5º de Primaria desfrutaron da visita ó noso colexio dunha das xogadoras do Club Coruña Irmandiñas de Roller Derby para achegarnos a este deporte minoritario pero que conseguiu chamar a ataención do nos alumnado. Trátase dun deporte de velocidade, estratexia e contacto que se practica sobre patíns dentro dunha pista ovalada. O obxectivo é conseguir o maior número de puntos posibles superando ós contrarios que poden opoñerse mediante contacto físico regulamentado. Tras unha breve charla na que coñecimos os apectos básicos desta disciplina ambos os grupos baixaron ó salón de actas para poñer en práctica estratexias básicas de xogo deste deporte. 

Esta actividade forma parte do programa do Concello "Máis rápidas, máis altas e máis fortes".

Roller Derby 22-23

luns, 20 de marzo de 2023

Descubrimos a halterofilia

 O pasado xoves 23 de febreiro recibimos a visita do Club Halterofilia Coruña para achegarnos un deporte que ata ese día era descoñecido por gran parte do alumnado de 6º de Primaria, para quen estaba dirixida esta sesión. A actividade está enmarcada dentro do programa educativo do Concello da Coruña "Máis rápidas, máis altas, máis fortes" que pretende promover nos colexios, desde unha perspectiva coeducativa, distintas modalidades deportivas que se poden practicar en clubs da nosa cidade. Para a realización de ita actividade contamos coa presenza de Ferenc Szabó, director técnico do club, así como de Carlos, adestrador, e Dainara e Jesús, deportistas do club, que se encargaron de realizar unha exhibición que permitu ó alumando coñecer en vivo como se desenvolve este deporte a nivel competitivo. Os nenos e nenas realizaron ademais unha serie de probas e actividades relacionadas coa halterofilia. 

Deixamos algunhas imaxes tomadas durante a actividade.


Halterofilia 22-23

O Atlántico parte de ti

Neste segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou, por segundo ano consecutivo, na actividade deportiva proposta polo Concello "O Atlántico parte de ti". Dita actividade trata de aproximar ña rapazada a dous deportes naúticos como son a vela e o windsurf. Ambos os dous cursos desfrutaron durante algo máis de 3 horas desta actividade ubicada no caso de 5º de Primaria na praia de Oza e no caso de 6º de Primaria no dique de abrigo. Deixamos un breve vídeo con imaxes da actividade organizada para 5º de Primaria.

Copia de O Atlántico parte de ti