O próximo mércores 20 de novembro para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos da Infancia celebraremos a nosa sexta edición da Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos no Parque de Eirís.
Nesta edición os fondos recadados polo noso colexio irá destinado para axudar os nenos/as afectados pola DINA na Comunidade Valenciá onde está a traballar esta ONG. Neste enlace tedes toda a información sobre como se usan os fondos recadados nesta actividade.
https://www.savethechildren.es/actualidad/preguntas-frecuentes-para-las-familias-coles
Explicamos
detalladamente a continuación o funcionamento da carreira xa que vos
(pais, nais, avós, avoas, tíos, tías...) sodes unha parte importante da
mesma.
Como funciona a carreira?
- Busca de “patrocinadores”.
Ao
longo destes días os vosos fillos levarán a casa un carnet de corredor
para conseguir “patrocinador” ou “patrocinadores” entre a súa familia ou
amigos adultos. O patrocinador escribe o seu nome no carnet e a
cantidade que se compromete a aportar por cada volta dada ao
percorrido. Una vez cumplimentado o carnet levarase de novo ao cole xa que é necesario para o día da carreira.
- Celebración da carreira.
O
mércores 20 de novembro ás 11:00 todo o cole desprazarase ó Parque de Eirís
e alí celebraremos a carreira a partires das 12 aproximadamente. Só participarán os alumnos/as de Educación Primaria,
pero os nenos/as de Educación Infantil estarán presentes para animar e
apoiar aos “maiores” e incluso dar unha "volta simbólica" ao percorrido.
Estaremos organizados por turnos e en cada turno participará cada unha
das clases, correndo ou camiñando en función das posibilidades de cada
neno durante 2 minutos aproximadamente.
Deste xeito calculade que o máximo número de voltas que pode dar o voso fillo/a sexa de 2-3 no caso dos máis pequenos ou 4-6 no caso dos maiores. En función disto podedes decidir a pequena cantidade que queredes aportar por cada volta.
Trala
carreira anotaremos as voltas que
fixo cada un no seu carnet de corredor e entregarémosllo para que o
leven a casa. Tamén recibirán un diploma que acredita a súa participación na carreira.
Se
por diversas circunstancias algún neno ou nena non pode conseguir
"patrocinadores", non hai ningún tipo de problema xa que pode participar
igualmente na carreira con todos os seus compañeiros e compañeiras.
- Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
Trala carreira os
nenos/as levarán o carnet a súa casa e solicitarán o diñeiro “pactado”
previamente. Así, se por exemplo o avó prometera 0,50 céntimos por volta
e a su neta realizou 2 voltas terá que entregar 1 euro. O diñeiro se
traerá nun sobre pechado ó colexio para entregarllo ó titor/a. Este ano, ó igual que o curso pasado e por cuestións organizativas, o equipo docente decidiu establecer unha máxima aportación de 1 euro por cada volta. Se algunha familia quixese realizar unha maior aportación pode facelo poñéndose en contacto coa ONG "Save the Children".
MOI IMPORTANTE: POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN O DIÑEIRO SÓ SE PODERÁ TRAER AO COLEXIO ENTRE O 25 E O 28 DE NOVEMBRO (AMBOS INCLUSIVE). ANTES E DESPOIS DESA DATA OS MESTRES NON RECOLLERÁN NINGÚN SOBRE CON DIÑEIRO.
Aquí
faremos a recadación e farémola chegar a “Save the Children” que á súa
vez enviará un diploma ao centro que o acredite como participante no
proxecto “Kilómetros de Solidariedade” e un recibí especificando a
recadación sumada polo noso colexio.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración por pequena que poida parecer e recordade que cun pequeno “grao de area” entre todos podemos axudar aos que máis o necesitan.