domingo, 22 de xuño de 2025

Oriéntamonos!

 O pasado xoves 12 de xuño o alumnado de 4º a 6º de Primaria participou nunha carreira de orientación no Parque de Eirís. Nesta actividade o alumnado organizado en equipos de 2-3 compoñentes tivo que buscar, axudado dos seus mapas correspondentes, as balizas ubicadas en distintas zonas do parque. Con maior ou menor axuda, todos os nenos/as foron capaces de localizar todas as balizas e completar o percorrido. Esta actividade puido levarse a cabo grazas á colaboración de varias nais e pais que  se ofreceron para axudar na actividade. A súa labor delimitando o percorrido e aconsellando ós nenos/as durante a actividade resultou fundamental para que todo se desenvolvese segundo o previsto. Moitas grazas a Verónica, Mónica, Julio, Tomás, Avelino e Patricia, ademais de María Gabriela, Virginia e Vanessa que no último momento non puideron asistir pero tamén se ofreceron como colaboradoras.   Deixamos fotos da xornada que esperamos que vos gusten.


Orientación xuño 2025

mércores, 4 de xuño de 2025

Bo Camiño!

 O pasado luns 26 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazaouse ata Miño para completar un tramo do Camiño Inglés que une esta localidade coa vila de Betanzos. A climatolaxía foi perfecta para esta actividade ó longo da mañá e puidemos completar a etapa de algo menos de 11 km en menos tempo do previsto chegando á Praza dos Irmáns García Noblejas arredor das 13:30. Alí realizamos o xantar e posteriormente nos desprazamos ó parque Pablo Iglesias onde desfrutamos de tempo libre antes de emprender o camiño de volta á Coruña. Premendo na imaxe podedes acceder a un vídeo que resume esta xornada de actividade física e convivencia.




martes, 3 de xuño de 2025

Finalizamos Nutriescolas

 Durante o terceiro trimestre levamos a cabo algunhas das actividades previstas no noso Proxecto de Nutriescolas. Entre elas o alumnado de 3º ciclo aprendeu aspectos básicos sobre recoñecemento de etiquetado e valoración nutricional dos produtos que poden atoapr no supermercado para poder realizar así unha compra mási responsable e saudable. Por outra banda o alumnado Primaria e Infantil encargouse do coidado do horto xunto con Santi, o profe de Reli do cole. Non puidemos recolleitar produtos no mes de xuño pero esperamos poder facelo en setembro grazas á recente instalación do sistema de rego automático.

 

Nutriescolas 3º trim