Durante as últimas dúas semanas todo o alumnado do cole puido disfrutar dunha sesión de ioga impartida por Dani e Laura, pai e nai de dúas alumnas do noso centro e que imparten esta disciplina na escola YogaCoruña ubicada no noso barrio. Os nenos/as pasárono en grande e aprenderon novas actividades e xogos coas que adquirir o control e dominio do seu propio corpo a través de diversas posturas, rutinas e técnicas de relaxación. Esta actividade forma parte do noso Plan de Vida Activa e Deportiva e ten como obxectivo ofrecer ós vosos fillos e fillas diversas formas de actividade física dentro da nosa contorna cercana coa que poder encher o seu tempo de ocio e lecer. Deixamos un vídeo con algunhas imaxes destas sesións.
domingo, 15 de marzo de 2026
Fase Zonal do Cros Escolar 2025-2026
O pasado venres 27 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso colexio participou xunto con outros centros da zona de Cambre e Coruña na carreira de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Programa XOGADE no que estamos inscritos como parte do noso PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva).
O evento tivo lugar no complexo deportivo de Acea de Ama onde se delimitaron percorridos adaptados a cada unha das categorías que ían a participar. Foi unha mañá chea de diversión, nervios, esforzo e superación para os vosos fillos e fillas xunto con outros nenos e nenas da súa idade. Ademais de todo isto acadamos medalla individual na categoría benxamín masculina (2º e 3º de Primaria) por quedar clasificados en 3º lugar e o que fai que Javi A. de 3º de Primaria pase a participar na fase provincial que terá lugar en Negreira.
Deixamos un vídeo acon algunhas fotos desta xornada.