mércores, 20 de novembro de 2019

Quecemento Carreira Solidaria

Como xa sabedes, a celebración da Carreira "Kilómetros de Solidariedade" planificada para hoxe tivo que ser posposta por mor da previsión de choiva. Como "non hai mal que por ben non veña", decidimos aproveitar estos días de máis que temos ata a celebración da mesma para crear un sinxela coreografía que nos sirva de quecemento colectivo o día da carreira. Para poder practicar nas vosas casas deixámosvos un vídeo que poido ser realizado gracias a colaboración de Andrea, profe de música, e varios nenos e nenas de 6º de Primaria. Esperemos que vos guste.




luns, 11 de novembro de 2019

Carreira "Kilómetros de Solidariedade"

O próximo mércores 20 de novembro coincidindo coa conmemoración do Día Universal do Neno os alumnos/as do Anxo participarán por primeira vez na Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos coa axuda de Protección Civil no Parque de Eirís. Nesta edición os fondos recadados polos colexios participantes de toda España irán destinados a mellorar as "infrahumanas condicións de vida" dos  máis de 6.000 nenos e nenas da etnia Rohingya que viven hacinados en campos de refuxiados ao norte de Myanmar (antigua Birmania). Neste enlace podes consultar máis información sobre a súa situación e sobre como intentaremos aportar un pequeno grao de area para axudalos:


Ao ser a primeira vez que realizamos esta actividade consideramos importante explicar detalladamente o funcionamento da carreira xa que vos (pais, nais, avós, avoas, tíos, tías...) sodes unha parte importante da mesma.

Como funciona a carreira?
  1. Busca de “patrocinadores”.
Ao longo destes días os vosos fillos levarán a casa un carnet de corredor para conseguir “patrocinador” ou “patrocinadores” entre a súa familia ou amigos adultos. O patrocinador escribe o seu nome no carnet e a cantidade de euros ou céntimos de euro que se compromete a aportar por cada volta dada ao percorrido. Una vez cumplimentado o carnet levarase de novo ao cole xa que é necesario para o día da carreira.
  1. Celebración da carreira.
O mércores 20 de novembro ás 11:30 todo o cole desplazarase ao Parque de Eirís e alí celebraremos a carreira. Só participarán os alumnos/as de Educación Primaria, pero os nenos/as de Educación Infantil estarán presentes para animar e apoiar aos “maiores”. Nos organizaremos por turnos e en cada turno participará cada unha das clases, correndo ou camiñando en función das posibilidades de cada neno durante 2 minutos aproximadamente.
Deste xeito calculade que o máximo número de voltas que pode dar o voso fillo/a sexa de 2-3 no caso dos máis pequenos ou 4-6 no caso dos maiores. En función disto podedes decidir a pequena cantidade que queredes aportar.
Trala carreira os mestres anotaremos as voltas que fixo cada neno/a no seu carnet de corredor e entregarémosllo para que o leven a casa. Tamén recibirán un diploma que acredita a súa participación na carreira.
  1. Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
Os nenos/as levarán o carnet a súa casa e solicitará o diñeiro “pactado” previamente. Así, se por exemplo o avó prometera 0,50 céntimos por volta e a su neta realizou 2 voltas terá que entregar 1 euro. O diñeiro se traerá nun sobre pechado ao colexio.

MOI IMPORTANTE: POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN O DIÑEIRO SÓ SE PODRÁ TRAER AO COLEXIO ENTRE O 25 E O 29 DE NOVEMBRO(AMBOS INCLUSIVE). ANTES E DESPOIS DESA DATA OS MESTRES NON RECOLLERÁN NINGÚN SOBRE CON DIÑEIRO.

Aquí faremos a recadación e farémola chegar a “Save the Children” que á súa vez enviará un diploma ao centro que o acredite como participante no proxecto “Kilómetros de Solidariedade”.

Se queredes consultar máis cousas sobre este proxecto solidario podedes acceder a este enlace:

Agradecemos de antemán a vosa colaboración por pequena que poida parecer e recordade que cun pequeno “grao de area” entre todos podemos axudar aos que máis o necesitan.



mércores, 6 de novembro de 2019

Recreos activos e comezo da liga de Datchball

Ao longo das últimas semanas estivemos recollendo a opinión do alumnado acerca dos cambios, melloras ou propostas que lles gustaría aportar a organización dos nosos patios para este curso coa intención deque todos os nenos e nenas poidan desfrutar ao máximo dos mesmos. Coas súas aportacións e coas de todo o claustro decidimos introducir varias iniciativas que terán efecto a partir do próximo luns 11 de novembro, entre elas : máis material e máis variado, zonas delimitadas de xogos ou torneos deportivos entre os distintos cursos. Con respecto a esta última iniciativa o luns comezarán as ligas de Datchball para os nenos de 3º a 6º de Primaria. Nas clases de E.F. estivemos a practicar este deporte alternativo creado por un mestre zaragozano e que xa desde fai varios anos está prácticamente extendido por toda España. Aquí vos queda un vídeo onde se fala da sua orixe, os valores que aporta e do seu reglamento:




domingo, 20 de outubro de 2019

Camiño a Tokio 2020

No verán de 2020 terán lugar os XXXII Xogos Olímpicos da Era Moderna, sendo a cidade xaponesa de Tokio a sede designada. Ao longo do curso faremos diversas actividades para coñecer un pouco máis aos deportistas españois que probablemente participarán en ditos Xogos Olímpicos. Nesta primeira actividade os nenos de 5º e 6º teredes que escoller un dos deportistas españois que en principio teñen máis posibilidades de acadar medalla e intentar "colaborar" na súa preparación para os Xogos. Para poder seleccionar ao voso deportista dispoñedes do seguinte enlace onde se ofrecen os datos máis importantes os atletas españois que, en principio, parten con máis posibilidades de medalla.:


Tras seleccionar ao voso deportista debedes seguir as instrucción que tedes na ficha de traballo e así poder contribuir á súa preparación de cara aos Xogos Olímpicos

martes, 15 de outubro de 2019

Planificación de contidos do área de E. Física

Deixamos a continuación unha táboa onde se reflexan os contidos que, ao longo do curso, serán traballados nos distintos niveis no área de E. Física. Esta táboa estará permanentemente enlazada no bloque dereito do blogue.

mércores, 2 de outubro de 2019

Merendas Saudables no Anxo

Neste mes de outubro no Anxo comezaremos a coidar un pouquiño máis a nosa sáude xa que estrenamos as "Merendas Saudables" durante os nosos recreos. Por ser o primeiro ano que se leva a cabo esta iniciativa estableceremos un sistema de recompensas a nivel grupal que intente implicar de xeito maioritario aos nosos alumnos. Na reunión informativa de inicio de curso facilitaremos toda a información necesaria sobre este proxecto. Dita información está resumida no documento que achegamos a continuación:



Ademais, na parte dereita do blogue, deixamos varios enlaces de interés relacionados con este tema.

domingo, 29 de setembro de 2019

Proxectos e actividades de centro

Nesta pestaña estarán recollidas tódalas novas relacionadas cos proxectos e actividades de centro impulsadas desde o área de EF.

Educación Primaria

Nesta pestaña estarán recollidas tódalas novas e actividades relacionadas con Educación Primaria.

Educación Infantil

Nesta pestaña estarán recollidas tódalas entradas relacionadas coas sesións de Psicomotricidade e outras novas de interés en Educación Infantil.