1) Hoxe luns 27 de abril ou mañá pola mañá, se o desexades, podedes enviar unha FOTO vosa realizando algunha actividade propia das clases de EF: correndo, facendo unha voltereta, roda lateral, "pino", botando unha pelota, conducindo unha pelota co pé, facendo un lanzamento a canastra, bailando... en fin, o que se vos ocurra. Pode sair toda a familia!
Se podedes (non é obrigatorio) mostrade (nun folio) a imaxe oficial do #DEFC2020 que é esta:
Debedes enviar a foto á conta de correo de EF mencionada no aviso de Abalar indicando no asunto DEFC2020.
Con esas fotos, se temos suficientes, faremos un mosaico que ademais de colgar no blogue e páxina web do colexio enviaremos ao COLEF Galicia para que saiban da nosa participación nesta iniciativa. Tendo en conta este último aspecto, se preferides que aos vosos fillos e fillas non se lles vexa a cara, podedes sacar unha foto de costas por exemplo.
Ademais se os pais e nais, de forma particular, queredes subir a foto nas vosas redes sociais (Twitter, Instagram, Facebook...) podedes facelo incluindo o hashtag #DEFC2020 e facendo mención ao CEIPP Anxo da Garda no texto.
Por último dicirvos que tamén como parte da celebración deste día poderedes desfrutar dunha clase on line de EF orientada a Primaria a cargo da mestra Josune Rodríguez-Negro. A partir das 10:00 da mañá do martes 28 na canle de Youtube do Consello COLEF