luns, 23 de novembro de 2020

Andaina contra a violencia de xénero

Durante esta semana a Xunta de Galicia organiza a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero  (facede clic para máis información) para amosar o apoio a esta causa. Ante a imposibilidade de xuntarse para realizar dita andaina como noutras edicións, as condicións de realización da mesma cambian este ano. O cole inscribiuse como entidade neste evento no que cada familia que decida participar (ou varios membros da mesma) tratará de completar os 5 km que tería o percorrido da andaina en circunstancias normais. Estes 5 km poderán ser completados ao longo desta semana, ata o 30 de novembro. A distancia é orientativa, poden ser menos ou máis quilómetros, xa que o importante é amosar o apoio a esta causa e pasar un rato en familia facendo un pouco de actividade física. 
Como xa dixemos, podedes escoller calquera día desta semana para participar (a ver se temos sorte e acompaña o tempo...) e tedes a opción de imprimir os dorsais para que se recoñeza o noso apoio a esta loita. Para o noso cole foron asignados números entre 4913 e 5092. Podedes escoller o que queirades e incluso o mesmo para toda a familia. Aquí tedes o enlace para imprimilos (se non podedes imprimir, podedes copiar o modelo a man na metade dun folio e colocalo con imperdibles igualmente):


Recordade que se trata dunha actividade a realizar soamente en familia para cumplir así coas normas e restricións impostas dentro do noso concello por mor do COVID19.

Por último, se vos apetece, podedes enviar unha foto como recordatorio da vosa participación na andaina (non teñen porque saír as caras) e con todas as que recibamos faremos unha presentación ou collage que colgaremos nesta entrada do blog. As fotos podedes envialas á dirección de correo: edufanxo@gmail.com 

Animádevos a participar!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario