venres, 8 de xaneiro de 2021

CamiñAnxo: descubre o Camiño en familia

Comeza o segundo trimestre e con el realizaremos distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago para así dar visibilidade ao ano Xacobeo no que entramos. Desde a área de EF queremos unirnos aportando unha nova actividade en familia que chamaremos “CamiñAnxo”. A idea é que entre todas as familias do cole sumemos quilómetros activos (camiñando, correndo, en bici, patinete, patíns…) para completar algúns dos distintos Camiños que existen e descubrir así os seus segredos. Para poder contabilizar estes quilómetros haberá que utilizar a APP Strava formando parte dun club privado para garantir que só as familias do Anxo podemos participar na actividade.

A continuación tedes unha pequena infografía cos pasos a seguir para unirse a esta actividade e, máis abaixo, un documento PDF coas instrucións detalladas que vos recomendamos ler. Se tedes algunha dúbida podedes ecribila deixando un comentario a esta entrada e a resolveremos coa maior brevidade posible.

Cantas máis familias nos unamos, máis quilómetros poderemos sumar así que animádevos, participade e… Bo Camiño!

2 comentarios:

  1. Quería unirse miña irma dende Ourense, poderia? E na Coruña so poderiamos ir ata os tocons que hai na cidade, pouco camiño se pode facer...

    ResponderEliminar
  2. Ola!
    En principio a actividade está pensada só para as familias do colexio, síntoo moito...
    Os quilómetros poden sumarse de moitos xeitos distintos: camiñando polo Paseo Marítimo, en bici polo carril bici de Coruña, ruta en bici ata Cambre, paseo ata o centro, paseo por San Diego en patinete... son soamente exemplos. En resumo, calquera ocasión na que nos despracemos activamente en familia é válida.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Gracias por tu comentario