xoves, 2 de decembro de 2021

Moitas grazas pola vosa colaboración!

O pasado 18 de novembro celebramos, por terceiro curso, a Carreira Quilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que este ano pretende recadar fondos para loitar contra a desnutrición existente nos países do Corno de África.

Desfrutamos dunha mañá soleada e a celebración da carreira transcurriu sen apenas imprevistos. Ademais, moitas familas estivechedes presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Pero a cousa non quedou aí xa que, un ano máis, o compromiso dos patrocinadores foi abraiante como así reflexa a cantidade que entre todos recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira e tamén un enlace ao documento PDF co recibí que nos enviou a ONG "Save the Children" no que se reflexa o ingreso da recadación realizado polo colexio a semana pasada. 



Carreira Solidaria 2021

1 comentario:

Gracias por tu comentario