1- Pack de raquetas de bádminton: raquetas, volantes e goma elástica a modo de "rede" para practicar este deporte no patio.
2- Pack de xogos populares: peóns, cordas, gomas elásticas e zancos con instrucións para realizar distintos xogos.
3- Pack musical: altavoz con "pincho USB" de música para baile libre ou para xogar ó Dance Dance Revolution EF, xogo adaptado polo mestre Vicenç Rodríguez que practicamos nas clases de EF.
4- Pack de baloncesto: bolsa con balóns de baloncesto para xogar cando nos toca na zona das canastas.
5- Pack "proposta de xogo": Cada dúas semanas proponse un xogo distinto sen ou con pouco material para poder xogar en grupo. O primeiro que plantexamos foi o xogo do pano con distintas variantes.
Todas estas opcións son, obviamente, voluntarias e pretendemos con elas dar oportunidades para que o alumnado estea activo durante o tempo de recreo mentres dure o protocolo establecido pola COVID19.
Estamos traballando tamén en adaptar este préstamo de material e propostas de xogo para E. Infantil e 1º e 2º de Primaria. Xa vos iremos informando.
Deixamos a continuación algunhas imaxes dos primeiros días destes "recreos activos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario