xoves, 19 de decembro de 2024

Seguimos aprendendo a salvar vidas

Un curso máis desde a área de EF incidimos na importancia da aprendizaxe dos Primeiros Auxilios e actuación ante emerxencias para salvar vidas.

Este ano, ademais, iniciamos a nosa colaboración cun estudio da Universidade de Santiago de Compostela relacionado coa ensinanza da RCP (reanimación cardiopulmonar) en nenos/as destas idades coordinado por Aida Carballo, profesora da Facultade de Enfermería da USC. Desenvolveuse en 2 sesións de EF na que os vosos fillos/as aprenderon a actuar ante unha situación de emerxencia que requira a realización da RCP. Nestas sesións participou todo o alumnado de 3º a 6º de Primaria beneficiándose desta aprendizaxe tan importante para a vida. Ademais nestas sesións os nenos/as poderon usar maniquíes especiais para a práctica da RCP e DESA (desfibriladores semiautomáticos) cedidos polo equipo investigador.

Tras estas 2 sesións de EF o equipo da Universidade de Santiago pasou polo centro no mes de decembro para avaliar ó alumnado a través dunha sinxela proba durante unha sesión de EF. Posteriormente, transcurridos 6 meses, realizarase unha nova avaliación para comprobar o grao de afianzamenteo da aprendizaxe da RCP.

Deixamos algunhas imaxes desta actividade.


RCP 24

mércores, 4 de decembro de 2024

Grazas, familias!

 O pasado 22 de novembro celebramos a nosa sétima edición da carreira Kilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que, nesta edición, pretendía recadar fondos para colaborar para as familias valencianas afectadas pola DINA.

En canto á carreira, a pesar das baizas temperaturas, puidemos desfrutar dunha mañá soleada e amenizada por moitas familas presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Ademais un ano máis e xa van sete, o compromiso dos patrocinadores foi espectacular como así reflicte a cantidade que entre todos e todas recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira e tamén un enlace ao documento PDF co recibí que nos enviou a ONG "Save the Children" no que se recolle o ingreso da recadación realizado polo colexio a semana pasada.

Recibí ONG Save the Children - CEIPP Anxo da Garda 


Copia de Carreira Solidaria 2324