xoves, 19 de decembro de 2024

Seguimos aprendendo a salvar vidas

Un curso máis desde a área de EF incidimos na importancia da aprendizaxe dos Primeiros Auxilios e actuación ante emerxencias para salvar vidas.

Este ano, ademais, iniciamos a nosa colaboración cun estudio da Universidade de Santiago de Compostela relacionado coa ensinanza da RCP (reanimación cardiopulmonar) en nenos/as destas idades coordinado por Aida Carballo, profesora da Facultade de Enfermería da USC. Desenvolveuse en 2 sesións de EF na que os vosos fillos/as aprenderon a actuar ante unha situación de emerxencia que requira a realización da RCP. Nestas sesións participou todo o alumnado de 3º a 6º de Primaria beneficiándose desta aprendizaxe tan importante para a vida. Ademais nestas sesións os nenos/as poderon usar maniquíes especiais para a práctica da RCP e DESA (desfibriladores semiautomáticos) cedidos polo equipo investigador.

Tras estas 2 sesións de EF o equipo da Universidade de Santiago pasou polo centro no mes de decembro para avaliar ó alumnado a través dunha sinxela proba durante unha sesión de EF. Posteriormente, transcurridos 6 meses, realizarase unha nova avaliación para comprobar o grao de afianzamenteo da aprendizaxe da RCP.

Deixamos algunhas imaxes desta actividade.


RCP 24

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario