O pasado 27 de novembro celebramos a nosa sétima edición da carreira Kilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que,como noutras edicións, serviu para recadar fondos que permitan axudar a nenos/as de países que sobreviven en condicións moi desfavorables por motivos de conflitos bélicos, fenómenos naturais...
martes, 9 de decembro de 2025
Moitas grazas, familias!
xoves, 13 de novembro de 2025
VII Carreira "Kilómetros de Solidariedade"
O próximo xoves 20 de novembro para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos da Infancia celebraremos a nosa sétima edición da Carreira Solidaria "Kilómetros de Solidariedade" organizada pola ONG "Save the Children". A carreira terá lugar nun percorrido que delimitaremos no Parque de Eirís.
Nesta edición, como noutras anteiores, os fondos recadados destinaranse a axudar a nenos e nenas desfavorecidos e desprotexidos naqueles países nos que traballa esta ONG. Neste enlace tedes toda a información sobre como se usan os fondos recadados nesta actividade.
https://www.savethechildren.es/actualidad/preguntas-frecuentes-para-las-familias-coles
- Busca de “patrocinadores”.
- Celebración da carreira.
- Recadación do diñeiro dos “patrocinadores”.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración por pequena que poida parecer e recordade que cun pequeno “grao de area” entre todos podemos axudar aos que máis o necesitan.
mércores, 8 de outubro de 2025
Coñecendo o hockey
O pasado mércores 1 e xoves 2 de outubro recibimos a visita no colexio do Club Hockey Hércules que nos acercou a este divertido deporte e a través dalgún dos seus adestradores e adestradoras fixo que coñecésemos os aspectos técnicos básicos para poder xogalos. Esta actividade forma parte da iniciativa "Coñece o meu club" enmarcada dentro do noso PVAD (Plan de Vida Activa e Deportiva). Deixamos algunhas fotos e vídeos que esperamos que vos gusten.
xoves, 2 de outubro de 2025
Descansos Activos
Durante este curso intentaremos promover os Descansos Activos para Infantil e Primaria nas nosas clases. Trátase de pausas breves (5 minutos aproximadamente) de actividade física tras períodos prolongados de sedentarismo na aula co doble obxectivo de aumentar a actividade física durante a xornada lectiva e de aumentar e mellorar a concentración do alumnado de cara a unha actividade posterior. Deixamos unha pequena presentación a continuación onde podedes comprobar como intentaremos implantar esta proposta no noso centro.
Merenda con Olliños
Un curso máis damos comezo ás nosas merendas saudables dando continuidade a unha actividade que forma parte do Plan de Vida Activa e Hábitos Saudables do centro. Con este proxecto buscamos fomentar hábitos de alimentación saudable no momento das merendas da mañá ademáis de reducir a xeración de envoltorios plásticos e envases optando por alimentos máis naturais e evitando a opción de alimentos procesados.
Este curso, desde a área de EF, unímonos ó proxecto impulsado polo Equipo de Biblioteca que terá como eixo a presentación da nosa nova biblioteca da man da nosa mascota Olliños, descubrindo distintos estilos narrativos así como recursos existentes neste novo espazo que comezaremos a poder desfrutar a pàrtir deste curso.
En que consiste Merenda con Olliños
A partir do luns 6 de outubro comezamos o noso calendario de merendas saudables e que será o seguinte:
Pódese acompañar "a merenda que toque" con outras opcións saudables. Por exemplo, se o luns queredes engadir algo máis cos lácteos podedes incluir tamén paiños de pan, bolachas tipo "mariñeiras", froita, froitos secos (precaución coas alerxias no seu grupo)... é dicir calquera opción que sexa saudable. Recordade, ademais, que a froita é "comodín" e pode traerse calquera día.
Cada día, antes de saír ó recreo, o titor/a ou os propios nenos/as
comproban se a maioría do grupo cumpre coa merenda saudable (permítense
entre 4 e 6 fallos en función do número de alumnos/as da clase). Se é
así marcan un tic no día correpondenete e se ó final da semana consiguen
3 ou máis tics avanzan no plano da biblioteca para descubrir diversas sorpresas e ademais gañar cromos e recompensas
colectivas para o grupo: 15 minutos máis de recreo, día libre de EF,
día libre na biblio...
Deixámosovos unha pequena presentación do material que empregaremos nas merendas deste curso para que vos fagades unha idea máis clara do funcionamento da actividade.
xoves, 18 de setembro de 2025
De volta co Judo
Comezamos un novo curso e recuperamos unha actividade tradicional no cole como é a visita dun Club deportivo con gran arraigo no noso barrio como é o Judo Club Coruña.
A pasada semana visitáronnos Bernardo Romay, alma máter deste club, e Chechu, un dos mestres que imparten clases a nenos/as de todas as idades. Todo o alumnado de Primaria puido desfrutar dunha sesión na que, a través de diversos xogos e actividades, descubriron este deporte. Esta actividade forma parte da proposta "Coñece o meu Club" incluída dentro do noso Plan de Vida Activa e Deportiva. O seu obxectivo e promover a prática deportiva dos vosos fillos/as fóra do horario escolar achegando as propostas de clubs deportivos da nosa contorna.
Deixamos un vídeo con imaxes e momentos destas xornadas.
domingo, 22 de xuño de 2025
Oriéntamonos!
O pasado xoves 12 de xuño o alumnado de 4º a 6º de Primaria participou nunha carreira de orientación no Parque de Eirís. Nesta actividade o alumnado organizado en equipos de 2-3 compoñentes tivo que buscar, axudado dos seus mapas correspondentes, as balizas ubicadas en distintas zonas do parque. Con maior ou menor axuda, todos os nenos/as foron capaces de localizar todas as balizas e completar o percorrido. Esta actividade puido levarse a cabo grazas á colaboración de varias nais e pais que se ofreceron para axudar na actividade. A súa labor delimitando o percorrido e aconsellando ós nenos/as durante a actividade resultou fundamental para que todo se desenvolvese segundo o previsto. Moitas grazas a Verónica, Mónica, Julio, Tomás, Avelino e Patricia, ademais de María Gabriela, Virginia e Vanessa que no último momento non puideron asistir pero tamén se ofreceron como colaboradoras. Deixamos fotos da xornada que esperamos que vos gusten.
mércores, 4 de xuño de 2025
Bo Camiño!
O pasado luns 26 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria desprazaouse ata Miño para completar un tramo do Camiño Inglés que une esta localidade coa vila de Betanzos. A climatolaxía foi perfecta para esta actividade ó longo da mañá e puidemos completar a etapa de algo menos de 11 km en menos tempo do previsto chegando á Praza dos Irmáns García Noblejas arredor das 13:30. Alí realizamos o xantar e posteriormente nos desprazamos ó parque Pablo Iglesias onde desfrutamos de tempo libre antes de emprender o camiño de volta á Coruña. Premendo na imaxe podedes acceder a un vídeo que resume esta xornada de actividade física e convivencia.
martes, 3 de xuño de 2025
Finalizamos Nutriescolas
Durante o terceiro trimestre levamos a cabo algunhas das actividades previstas no noso Proxecto de Nutriescolas. Entre elas o alumnado de 3º ciclo aprendeu aspectos básicos sobre recoñecemento de etiquetado e valoración nutricional dos produtos que poden atoapr no supermercado para poder realizar así unha compra mási responsable e saudable. Por outra banda o alumnado Primaria e Infantil encargouse do coidado do horto xunto con Santi, o profe de Reli do cole. Non puidemos recolleitar produtos no mes de xuño pero esperamos poder facelo en setembro grazas á recente instalación do sistema de rego automático.
luns, 19 de maio de 2025
Remate do I Torneo de Salto de Comba do Anxo
A pasada semana rematou o I Torneo de Salto de Comba do Anxo no que tomaron parte arredor de 60 nenos/as de 3º a 6º de Primaria repartidos en 6 equipo para o torneo de 2º ciclo e outros 6 para o torneo de 3º ciclo. Foron máis de 2 meses de competición durante os recreos nas que o traballo en equipo resultou fundamental para conseguir superar ós adversarios. Finalmente resultaron gañadores os equipos de Pocoyós no torneo do máis pequenos e Os Saltarines no campionato dos maiores do cole. Deixamos os podiums cos 3 primeiros clasificados en cada categoría.
domingo, 20 de abril de 2025
Resumo da Semana Saudable 24-25
Deixamos a continuación un vídeo onde resumimos con imaxes as distintas actividades realizadas ó longo da nosa Semana Saudable. Esperamos que vos guste e moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!
sábado, 19 de abril de 2025
Recreos dinámicos do segundo trimestre
Durante este segundo trimestre continuamos a incluir distintas propostas dentro dos nosos recreos dinámicos. O obxectivo non é outro que todos os nenos e nenas teñan distintas posibilidades para participar e desfrutar das actividades que organizamos durante os recreos.
Deste xeito durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo tivo lugar o noso V Torneo de Datchball para os cursos de 3º a 6º de Primaria. Trátase dun deporte alternativo que parte das regras do "brilé" pero con normas e dinámicas de xogo distintas que fan que desde o primeiro momento resulte moi divertido e "adictivo" para a maioría da rapazada.
No torneo organizado para 3º e 4º de Primaria participaron un total de 7 equipos quedando en primeiro lugar o equipo "Salvaxes" sendo a medalla de prata para "Los Lagartos" e o terceiro posto para "Los Espaciales". No caso de 5º e 6º de Primaria o torneo contou coa participación de 7 equipos tamén, sendo "Castros FC" quen acadou a victoria seguido de "Demos do Anxo" e "Los Bunny". Nestes torneos os equipos acadaban puntos tanto polo resultado do partido como polo seu comportamento durante o mesmo valorando o seu respecto a árbitros (xogadores/as doutros equipos) e contrarios. Isto favoreceu que o bo ambiente e a deportividade reinase na maior parte dos partidos xogados.
Outra proposta para os patios do segundo trimestre foi "AnXogamos?" que consiste en ofrecer, unha vez á semana e para un curso en concreto, a posibilidade de participar nun xogo organizado e dinamizado por unha mestra ou mestre do cole. Durante este trimestre estes xogos ían enfocados a 3º e 4º de Primaria que puideron desfrutar de xogos como "O Pano", "Pies quietos!" e "Xogos con paracaídas".
Por último, desde o mes de marzo estmaos a disputar un novo torneo na segunda quenda de recreo. Nesta ocasión trátase dun torneo de salto de comba por equipos na que os nenos/as enfróntanse en partidas de 5 roldas dun minuto de duración para tratar de sumar o maior número de saltos posibles tendo en conta que os saltos de 2 ou 3 xogadores/as á vez contan dobre ou triple en cada caso.
Deixamos a continuación un pequeno vídeo con imaxes do comentado anteriormente.
xoves, 10 de abril de 2025
Puntos de Actividade Física: Móvete máis!
Como ben sabedes, o noso PVAD (Plan de Vida Activa e Deportiva) busca fomentar a práctica de actividade física do noso alumnado durante a súa xornada lectiva. Desde este mes de abril e coincidindo coa celebración da Semana Saudable propoñemos unha nova posibilidade para que os vosos fillos/as poidan achegarse ó obxectivo de 60 minutos de actividade física diaria recomendados pola OMS. Trátase dos PAF (Puntos de Actividade Física) repartidos polo colexio e que permiten que os alumnos/as que pasen por diante deles poidan deterse realizar a actividade e continuar o se camiño (ir ó baño, ir a buscar fotocopias, desprazarse a outra aula...) se así o desexan. Deixamovos os carteis repartidos a día de hoxe polo cole e algunhas fotos do alumnado poñemdo en práctica esta actividade.
venres, 4 de abril de 2025
Os mestres e mestras rétante! Aceptas o desafío?
Algúns dos mestres do cole propoñémosvos varios retos que podedes intentar superar durante os recreos da nosa Semana Saudable. Só tedes que ver o vídeo, escoller os retos que prefirades e esforzarvos por igualar ou superar 4 dos 6 retos existentes na marca A ou B realizando os intentos que sexan necesarios. Iso si, debedes buscar a un compañeiro/a que faga de observador e "certifique" que superáchedes o reto e así podervos inscribir no listado dos alumnos/as que conseguiron "vencer" ós mestres.
Anímadevos a participar!
Chega a nosa Semana Saudable
Entre o 7 e o 11 de abril celebraremos de novo a nosa Semana Saudable para tratar de concienciar ó noso alumando da importancia de manter uns hábitos de vida saudables no referido a actividade física, alimentación e saúde mental. Entre outras actividades realizaremos as seguintes:
luns, 31 de marzo de 2025
Fase provincial do Cros Escolar en Porto do Son
O pasado 28 de marzo celebrouse en Porto do Son a fase provincial do campionato de cros escolar organizado a través do programa XOGADE no que o noso centro participa. Dous dos nosos alumnos, Nahiara (5º EP) e Cristopher (3º EP) lograron calsificarse para dita fase puidendo representar ó noso cole na proba que tivo lugar nun circuito ubicado a carón do mar na zona arbolada de Virxe Loreto. O idílico enclave e a boa climatoloxía da mañá fixo que se tratase dunha mañá perfecta para a práctica deste deporte. Os nosos alumnos esforzárense ó máximo quedando clasificados nos postos medios sa súas respectivas quendas algo moi meritorio tendo en conta que moitaos dos nenos/as participantes son atletas federados en atletismo en distintos clubes da provincia da Coruña, Deixamos algunhas imaxes da xornada. Noraboa a ámbolos dous.
mércores, 12 de marzo de 2025
Comeza o I Torneo de Salto de Comba
A vindeira semana comezará o I Torneo Salto de Comba do Anxo. Os nenos de 3º a º6 de Primaria organizáronse en equipos de 6 compoñentes para competir contra outros compañeiros/as en partidas a 7 roldas onde a coordinación entre os membros de equipo e o deseño de estratexias resultará fundamental para poder superar ós contrarios. Irémosvos informando do sucedido neste torneo a medida que avancen as semanas. Deixamos a continuación o cartel que colgamos no patio durante estas semanas coa información relativa á organización do mesmo.
martes, 4 de marzo de 2025
O torneo de datchball chega ó seu fin
Despois de máis de 2 meses ed competición o V Torneo de Datchball do Anxo chegou o seu fin. Durante os recreos de mércores e venres disputáronse máis de 40 partidos entre os equipos formados por alumnos/as de 3º a 6º de Primaria. A deportividade reinou na maior parte deles sendo o propio alumnado o que se encargaba de arbitrar e xestionar as actas dos partidos. Deixamos a continuación os carteis colocados no patio do cole cos equipos que ocuparon as primeiras posicións ó remate deste campionato.
xoves, 27 de febreiro de 2025
Participamos no Cros Escolar
O pasado xoves 20 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso colexio participou xunto con outros centros da zona de Cambre e Coruña na carreira de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Programa XOGADE no que estamos inscritos como parte do noso PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva).
O evento tivo lugar no complexo deportivo de Acea de Ama onde se delimitaron percorridos adaptados a cada unha das categorías que ían a participar. Foi unha mañá chea de diversión, nervios, esforzo e superación para os vosos fillos e fillas xunto con outros nenos e nenas da súa idade. Ademais de todo isto acadamos medalla e trofeo na categoría benxamín masculina (2º e 3º de Primaria) por quedar clasificados en 2º lugar e Christofer (3º Primaria) e Nahiara (5º Primaria) clasificáronse para a fase provincial que se celebrará proximamente en Porto do Son
Deixamos un vídeo acon algunhas fotos desta xornada.
xoves, 30 de xaneiro de 2025
Aprendemos a alimentarnos ben
Este curso estamos a participar no Programa Nutriescolas co obxectivo de fomentar hábitos de alimentación saudables entre alumnado e familias do noso centro. Desde principio de curso puxemos en marcha as nosas merendas saudables e durante os mes de xaneiro estamos a desenvolver unha actividade de aula para distinguir os produtos procesados que podemos atoparnos cando mercamos no supermercado. Ademais os alumnado de 2º e 3º ciclo tamén aprenderá a usar o sistema de clasificación Nutriscore e como ler correctamente o etiquetado dos alimentos. Deixamos algunhas imaxes do alumnado de 2º de Primaria.

