martes, 21 de decembro de 2021

Visita da SD As Xubias

Hoxe visitaron o noso cole Sara e Diegoos adestradores da SD As Xubias, club de piragüismo que está ubicado moi preto do noso barrio, concretamente a carón da Praia de Oza. Este club ofrece a posibilidade de practicar piragüismo a nenos e nenas a partir dos 8 anos. A sesión de 45 minutos de duración estivo dirixida, polo tanto, ós nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria e serviu para que todos eles coñecerán máis de preto este deporte e as posibilidades que ofrece. Esta actividade forma parte do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva e ten como principal obxectivo dar a coñecer os clubs deportivos existentes na nosa contorna para fomentar a práctica de actividade física fóra do horario lectivo. Aquí deixamos algunhas imaxes de dita actividade.

Piragüismo 21

luns, 20 de decembro de 2021

Coñecendo o judo

O luns e martes da pasada semana Adriana, Alfonso e Bernardo, mestres do Judo Club Coruña, visitaron o noso colexio para ofrecerlle ó alumnado de Prinaria e de 6º de Infantil unha sesión de aproximación e iniciación ó judo. Realizamos distintos xogos e actividades no tatami que se colocou para a ocasión e desfrutamos dunha sesión de 45 minutos moi divertida practicando habilidades relacionadas con este deporte: xiros, caídas, chaves... Esta actividade forma parte do noso Plan de Vida Activa e Deportiva que ten como un dos seus obxectivos dar a coñecer entre o alumando os clubes e asociacións deportivas do noso entorno para fomentar a práctica de actividade física fóra do horario lectivo. Aquí deixamos algunhas imaxes da actividade.

Judo 2021

xoves, 2 de decembro de 2021

Finalizado o Torneo de Peón

 A pasada semana rematou o II Torneo de Peón do Anxo da Garda. Aínda que custou arrancar e tivemos que practicar bastante co peón, case 20 alumnos/as de 3º a 6º de Primaria participaron demostrando a súa habilidade no lanzamento deste xoguete popular. Sexa como fose, o péon xa forma parte dos nosos recreos e sodes moitos os que o solicitades para xogar no patio durante estes días, algo que nos alegra. Aquí deixamos algunhas imaxes da vosa participación.


Moitas grazas pola vosa colaboración!

O pasado 18 de novembro celebramos, por terceiro curso, a Carreira Quilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que este ano pretende recadar fondos para loitar contra a desnutrición existente nos países do Corno de África.

Desfrutamos dunha mañá soleada e a celebración da carreira transcurriu sen apenas imprevistos. Ademais, moitas familas estivechedes presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Pero a cousa non quedou aí xa que, un ano máis, o compromiso dos patrocinadores foi abraiante como así reflexa a cantidade que entre todos recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira e tamén un enlace ao documento PDF co recibí que nos enviou a ONG "Save the Children" no que se reflexa o ingreso da recadación realizado polo colexio a semana pasada. 



Carreira Solidaria 2021

mércores, 1 de decembro de 2021

Participación na andaina "Camiño ó Respecto"

Aínda que a climatoloxía puxóo moi difícil algunha familia do Anxo animouse a participar na modalidade virtual da andaina "Camiño ó Respecto"  uníndose ás máis de 4000 persoas que participaron en toda Galicia e sumando así quilómetros en favor desta loita. Aquí quedan as fotos enviadas. Moitas grazas!