- Elaboración de carteis saudables. Na área de Plástica o alumnado proporá distintas frases curtas relacionadas coa promoción de hábitos saudables e que serán trasladadas a distintos carteis que decorarán as escaleiras que a maioría da rapazada ten que subir todos os días para acceder as súas aulas.
- Retos docentes. Algúns mestres proporán disitintos retos que ipliquen actividade física para que o alumnado que o desexe intente superalos ó longo da semana no tempo de recreo. Poderedes visualizar estes retos neste mesmo blog a partir do domingo.
- “Día da EF na Rúa”. O xoves 27 de abril participaremos de novo do Día da EF na Rúa que intente dar visibilidade e reivindicar o papel da EF na educación. O alumnado do centro baixará en turnos ó longo da mañá á rúa
Monte das Moas para realizar xogos ou actividades habituais nas nosas
clases de EF. Se tedes a oportunidade e posibilidade estades
invitados a asistir como espectadores.
- "Concurso de merendas saudables". O venres 28 de abril, celebraremos un Concurso de Merendas Saudables.
Os voso fillos/as poden traer ó centro unha merenda saudable
nutritiva e artística ó mesmo tempo: brochetas de froitas, figuras,
bocadillos divertidos... todo vale mentres sexa saudable. Sacaremos
fotos das merendas dos participantes que posteriormente compartiremos
con vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario