O pasado 17 de novembro celebramos a nosa quinta edición da carreira Kilómetros de Solidariedade promovida pola ONG Save the Children e que coma na edición anterior pretende recadar fondos para aportar ó Fondo de Emerxencia Internacional usado para axudar a nenos/as e as súas familias es situacións críticas por diversos motivos como poidan ser conflitos bélicos nos seus países de orixe.
Tivemos moita sorte coa climatoloxía e desfrutamos dunha mañá soleada que fixo que a celebración da carreira puidese transcurrir sen apenas imprevistos. Ademais, moitas familas estivechedes presentes para animar aos rapaces e rapazas durante as súas quendas de carreira facendo que o ambiente da actividade fose inmellorable.
Pero a cousa non quedou aí xa que, un ano máis, o compromiso dos patrocinadores foi espectacular como así reflexa a cantidade que entre todos e todas recadamos e que xa fixemos chegar a "Save the Children". Por todo isto, pola vosa implicación e colaboración na actividade só podemos dicir "Moitísimas grazas!".
Deixamos a continuación unha pequena montaxe con algunhas imaxes da Carreira e tamén un enlace ao documento PDF co recibí que nos enviou a ONG "Save the Children" no que se reflexa o ingreso da recadación realizado polo colexio a semana pasada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario