Un curso máis damos comezo ás nosas merendas saudables dando continuidade a unha actividade que forma parte do Plan de Vida Activa e Hábitos Saudables do centro. Con este proxecto buscamos fomentar hábitos de alimentación saudable no momento das merendas da mañá ademáis de reducir a xeración de envoltorios plásticos e envases optando por alimentos máis naturais e evitando a opción de alimentos procesados.
Este curso, desde a área de EF, unímonos ó proxecto impulsado polo Equipo de Biblioteca que terá como eixo a presentación da nosa nova biblioteca da man da nosa mascota Olliños, descubrindo distintos estilos narrativos así como recursos existentes neste novo espazo que comezaremos a poder desfrutar a pàrtir deste curso.
En que consiste Merenda con Olliños
A partir do luns 6 de outubro comezamos o noso calendario de merendas saudables e que será o seguinte:
Pódese acompañar "a merenda que toque" con outras opcións saudables. Por exemplo, se o luns queredes engadir algo máis cos lácteos podedes incluir tamén paiños de pan, bolachas tipo "mariñeiras", froita, froitos secos (precaución coas alerxias no seu grupo)... é dicir calquera opción que sexa saudable. Recordade, ademais, que a froita é "comodín" e pode traerse calquera día.
Cada día, antes de saír ó recreo, o titor/a ou os propios nenos/as
comproban se a maioría do grupo cumpre coa merenda saudable (permítense
entre 4 e 6 fallos en función do número de alumnos/as da clase). Se é
así marcan un tic no día correpondenete e se ó final da semana consiguen
3 ou máis tics avanzan no plano da biblioteca para descubrir diversas sorpresas e ademais gañar cromos e recompensas
colectivas para o grupo: 15 minutos máis de recreo, día libre de EF,
día libre na biblio...
Deixámosovos unha pequena presentación do material que empregaremos nas merendas deste curso para que vos fagades unha idea máis clara do funcionamento da actividade.
Merenda con Olliños Blog

Esta ben isto das merendas saudables pero non me parece ben iso de día libre de EF...
ResponderEliminarCon día libre refirense a qué eles escollen o que fan durante a clase, xogar ao futbol, baloncesto, correr, etc non significa que non teñan clase de EF.
ResponderEliminar